Sixeberto I de Austrasia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sixeberto I de Austrasia
Mariage de Sigebert et Brunehaut - Grandes Chroniques de France BNF Fr2610 f31r.jpg
Nacemento 535
  valor descoñecido
Falecemento 575
  Vitry-en-Artois
Ocupación monarca
Pai Clotario I
Nai Ingund
Cónxuxe Brunilda da Austrásia
Fillos Ingund, Khildeberto II e Chlodosind
Irmáns Chram, Khilperico I, Cariberto I, Gontrán, Gundoald e Clodosvinda
editar datos en Wikidata ]
Asasinato de Sixeberto I (segundo Jean Fouquet (entre 1455 e 1460)).

Sixeberto I, nado no ano 535 e finado en Vitry en decembro de 575, foi o primeiro rei de Austrasia, trala división do reino de Francia logo da morte de seu pai Clotario I no 561. A súa nai era Ingunda.

Historia[editar | editar a fonte]

Os ávaros, unha feroz tribo nómade relacionada cos hunos, fixeron incursións que lle obrigaron a mover a súa capital de Reims a Metz. Repeleu os seus ataques dúas veces, no 562 e o 568. No 566 contraeu matrimonio con Brunequilda, filla do rei visigodo Atanaxildo. No 567, a morte do seu irmán Cariberto I proporcionoulle o reino de París; ese mesmo ano Galswinta, irmá de Brunequilda e esposa do seu irmán Khilperico I, rei de Neustria, foi asasinada (esganada na súa cama, probabelmente por orde de Fredegunda, amante e futura esposa de Khilperico). Sixeberto decidiu vingar á súa cuñada, comezando así a guerra entre Neustria e Austrasia, que duraría ata 613 e sería continuada polos seus sucesores.

No 573, apoderouse de Poitiers e da Turaine, pero o seu medio irmán Khilperico, así mesmo, obterá conquistas en Aquitania, apoderándose tamén de Reims durante pouco tempo. Asinaron un acordo, que Khilperico incumpriu, e Sixeberto apoderouse do reino do seu irmán no ano 575. Con todo, inmediatamente logo de asumir a coroa, Sixeberto sería asasinado en Vitry por dous sicarios ás ordes de Fredegunda. O seu fillo Khildeberto II, de só 5 anos de idade, sucedeuno como rei de Austrasia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]