Waldrada, filla de Wacho
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 530 (Gregoriano) valor descoñecido |
| Morte | 570 valor descoñecido |
| Raíña do Reino Franco | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | consorte |
| Outro | |
| Título | Lombard princess (en) Raíña dos francos |
| Familia | Lombard dynasty (en) |
| Cónxuxe | Teodebaldo, rei dos francos Garibaldo I de Baviera Clotario I |
| Fillos | Tochter von Bayern ( Chlotsuinda (?) ( Grimoald I ( Tasilón I de baviera ( Gundoaldo ( Teodelinda de Baviera ( Romilda of Friuli ( |
| Pais | Wacho |
| Irmáns | Valtari Wisigarda |
Waldrada ou Vuldetrada, nada en 531 e finada en 572, foi unha dama franca filla de Wacho, rei dos longobardos (que gobernou sobre 510-539) e da súa segunda muller chamada Austrigusa ou Ostrogota, unha muller xépida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a esposa de Teodebaldo, rei de Austrasia (que gobernou entre 548 e 555), do que quedou viúva; despois foi a amante repudiada de Clotario I, rei dos francos (que gobernou ata 561) que a entregou como muller a Garibaldo I de Baviera.
A Origo gentis Langobardorum denomina nomen unae Wisigarda…nomen secundæ Walderada como as dúas fillas de Wacho e a súa segunda muller, especificando que Waldrada estaba casaba con Scusuald rex Francorum e máis tarde con "Garipald".[1]
A Historia Langobardorum fala de Walderada como a segunda filla de Wacho da súa segunda muller, especificando que casou con Francorum rex Chusubald.[2] Paulo Diácono denomina Wisigarda…[et] secunda Walderada como as dúas fillas do Rei Wacho e a súa segunda muller, especificando que Walderada estaba casada con Cusupald, alio regi Francorum e máis tarde con Garipald.[3]
Hermann de Reichenau (Herimannus) denomina Wanderadam á esposa de Theodpaldus rex Francorum cando menciona o segundo matrimonio do rei Lotario: Lotharius rex patris eius Theodeberti patruus.[4]
Gregorio de Tours denomina a Vuldetrada como a muller do rei Teodebaldo.[5] Segundo Gregorio de Tours, o rei Clotario empezou a ter relacións coa viúva do rei Teodebaldo, ata que os bispos se queixaron e entregouna ao duque Garibaldo de Baviera,[6] que aparentemente implica que o rei Clotario non chegou a casar con Waldrada.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Origo gentis Langobardorum 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 4.
- ↑ Historia Langobardorum Codicis Gothani 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 9
- ↑ Pauli Historia Langobardorum I.21, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 59.
- ↑ Herimanni Augiensis Chronicon 553, Monumenta Germaniae Historica Ss V, páx. 88.
- ↑ Gregorio de Tours a Historia Francorum IV.9, pág. 202.
- ↑ Gregorio de Tours, Historia Francorum IV. 9, pág. 203.