Clorófitas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clorophyta
"Siphoneae" da obra de Ernst Haeckel Kunstformen der Natur, 1904
"Siphoneae" da obra de Ernst Haeckel Kunstformen der Natur, 1904
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Viridiplantae Cavalier-Smith, 1981[1]
División: Chlorophyta
Reichenbach, 1828, emend. Pascher, 1914, emend. Lewis & McCourt, 2004[2][3][4]
Clases[5]
Sinonimia
  • Chlorophycophyta
  • Chlorophyllophyceae
  • Isokontae
  • Stephanokontae[6]
Algas verdes en rochas da costa en Taiwan.

As clorófitas (ou clorófitos) ou Chlorophyta son unha división das algas verdes. O nome utilízase na literatura científica en dous sensos moi distintos, polo que debe terse coidado co significado que lle está dando cada autor. Estes dous sensos son:

  • Nos sistemas de clasificacións vellos, refírese a un grupo moi parafilético que comprende todas as algas verdes incluídas hoxe dentro das plantas verdes (Viridiplantae) e abrangue unhas 7.000 especies[7][8] de organismos eucarióticos fotosintéticos e maiormente acuáticos. Por tanto, incluiría tamén as carófitas. Para este significado ver máis detalles no artigo algas verdes.
  • Nas clasificacións máis modernas, o grupo defínese como un dos clados que constitúen as Viridiplantae, que están formadas polos clados das clorófitas e das estreptófitas. O clado Streptophyta consta de dúas divisións: Charophyta e Embryophyta.[9][10] Tomado neste senso Chlorophyta ten un significado máis restrinxido e comprende só unhas 4.300 especies.[5]

Igual que as plantas terrestres (briófitas e traqueófitas), as algas verdes conteñen clorofila a e clorofila b e almacenan alimento en forma de amidón[7] nos seus plastidios.

A división contén tanto especies unicelulares coma pluricelulares. Aínda que a maioría das especies viven en hábitats de auga doce e un gran número en hábitats mariños, outras especies están adaptadas a unha ampla variedade de ambientes. A alga Chlamydomonas nivalis, pertencente á clase Chlorophyceae, vive en zonas nevados de montaña. Outras especies viven pegadas ás rochas ou ás partes leñosas das árbores. Algúns liques son unha simbiose entre fungos e algas verdes (outros teñen bacterias fotosintéticas en vez de algas).

Outras especies de Chlorophyta establecen tamén relacións simbióticas con protozoos, esponxas, e cnidarios. Todas son flaxeladas,[11] e isto ten a vantaxe da motilidade. Algunhas realizan a reprodución sexual oógama ou isógama.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Moitas especies de Chlorophyta (tratadas como o que agora se considera un dos dous clados de Viridiplantae) son habitantes comúns de ambientes mariños, de augas doces e terrestres.[12][13] Varias especies adaptáronse a ambientes especializados e extremos, como desertos, ambientes árticos, hábitats hipersalinos, augas profundas mariñas e chemineas hidrotermais abisais. [14][15][16] Algúns grupos, como as Trentepohliales encóntranse exclusivamente en terra.[17] Varias especies de Chlorophyta viven en simbiose con diversos eucariotas, como fungos (formando liques), ciliados, foraminíferos, cnidarios e moluscos. [13] Algunhas especies de Chlorophyta son heterótrofas, e poden ser de vida libre ou parasitas, xa que perderon a capacidade de fotosintetizar.[18][19] Dúas especies comúns de algas verdes heterótrofas do xénero Prototheca mesmo son patóxenas e poden causar a doenza chamada prototecose en humanos e animais.[20]

Clasificacións[editar | editar a fonte]

Utilízanse características como o tipo de zoide (célula reprodutora flaxelada), mitose (cariocinese), citocinese, nivel de organización, ciclo de vida, tipo de gametos, polisacáridos da parede celular[21] e máis recentemente os datos xenéticos para a clasificación das Chlorophyta. Móstranse varias clasificacións dadas por diversos autores:

Leliaert et al. 2012[editar | editar a fonte]

Filoxenia simplificada de Chlorophyta, segundo Leliaert et al. 2012.[13] Nótese que moitas algas antes clasificadas como Chlorophyta foron resituadas aquí en Streptophyta.

Pombert et al. 2005[editar | editar a fonte]

Unha posible clasificación cando Chlorophyta se define como un dos dous clados de Viridiplantae é a seguinte:[22]

Lewis & McCourt 2004[editar | editar a fonte]

Hoek, Mann and Jahns 1995[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta, tratadas como todas as algas verdes, segundo Hoek, Mann e Jahns 1995.[7]

Nunha nota engadida en probas, preséntase unha clasificación alternativa para as algas da clase Chlorophyceae:

Bold and Wynne 1985[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta e Charophyta segundo Bold e Wynne 1985.[23]

Mattox & Stewart 1984[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta segundo Mattox & Stewart 1984:[24]

Fott 1971[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta segundo Fott 1971.[25]

Round 1971[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta e algas relacionadas segundo Round 1971.[26]

Smith 1938[editar | editar a fonte]

Clasificación de Chlorophyta segundo Smith 1938:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. T. Cavalier-Smith (1981). "Eukaryote Kingdoms: Seven or Nine?". BioSystems 14 (3–4): 461–481. DOI:10.1016/0303-2647(81)90050-2. PMID 7337818.
  2. Reichenbach, H. G. L. (1828). Conspectus Regni Vegetabilis, p. 23.
  3. Pascher A (1914). "Über Flagellaten und Algen". Berichte der deutsche botanischen Gesellschaft 32: 136–160.  [1]
  4. Adl SM, Simpson AGB, Farmer MA, Andersen RA, Anderson OR, Barta JR, Bowser SS, Brugerolle G, Fensome RA, Fredericq S, James TY, Karpov S, Kugrens P, Krug J, Lane CE, Lewis LA, Lodge J, Lynn DH, Mann DG, McCourt RM, Mendoza L, Moestrup Ø, Mozley-Standridge SE, Nerad TA, Shearer CA, Smirnov AV, Speigel FW, Taylor MFJR (2005). "The new higher level classification of eukaryotes with emphasis on the taxonomy of protists". Journal of Eukaryotic Microbiology 52 (5): 399–451. PMID 16248873. doi:10.1111/j.1550-7408.2005.00053.x. 
  5. 5,0 5,1 Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2011). "AlgaeBase : Chlorophyta". World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultado o 2011-07-26. 
  6. http://archive.org/stream/centuryofprogres00cali#page/126/mode/1up
  7. 7,0 7,1 7,2 Hoek, C. van den, Mann, D.G. and Jahns, H.M. 1995. Algae An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9
  8. "Major Algae Phyla - Table - MSN Encarta". Arquivado dende o orixinal o 2009-10-31. 
  9. Lewis, Louise A. & McCourt, R.M. (2004). "Green algae and the origin of land plants". Am. J. Bot. 91 (10): 1535–1556. PMID 21652308. doi:10.3732/ajb.91.10.1535. 
  10. Becker, B. & Marin, B. (2009). "Streptophyte algae and the origin of embryophytes". Annals of Botany 103 (7): 999–1004. PMC 2707909. PMID 19273476. doi:10.1093/aob/mcp044. 
  11. Kapraun DF (April 2007). "Nuclear DNA Content Estimates in Green Algal Lineages: Chlorophyta and Streptophyta". Ann. Bot. 99 (4): 677–701. PMC 2802934. PMID 17272304. doi:10.1093/aob/mcl294. 
  12. Graham LE, Graham JM, Wilcox LW (2009) Algae. 2nd Edition. Benjamin Cummings (Pearson), San Francisco, CA
  13. 13,0 13,1 13,2 Leliaert, F., Smith, D.R., Moreau, H., Herron, M.D., Verbruggen, H., Delwiche, C.F. & De Clerck, O. (2012). "Phylogeny and molecular evolution of the green algae" (PDF). Critical Reviews in Plant Sciences 31: 1–46. doi:10.1080/07352689.2011.615705. 
  14. Lewis, Louise; Lewis, Paul (2005). "Unearthing the Molecular Phylodiversity of Desert Soil Green Algae (Chlorophyta)". Systematic Biology 54 (6): 936–947. ISSN 1063-5157. doi:10.1080/10635150500354852. 
  15. De Wever, A.; Leliaert, F.; Verleyen, E.; Vanormelingen, P.; Van der Gucht, K.; Hodgson, D. A.; Sabbe, K.; Vyverman, W. (2009). "Hidden levels of phylodiversity in Antarctic green algae: further evidence for the existence of glacial refugia". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 276 (1673): 3591–3599. ISSN 0962-8452. doi:10.1098/rspb.2009.0994. 
  16. Leliaert, Frederik; Verbruggen, Heroen; Zechman, Frederick W. (2011). "Into the deep: New discoveries at the base of the green plant phylogeny". BioEssays 33 (9): 683–692. ISSN 0265-9247. PMID 21744372. doi:10.1002/bies.201100035. 
  17. Lopez-Bautista, J. M. (2006). "Molecular systematics of the subaerial green algal order Trentepohliales: an assessment based on morphological and molecular data". Int J Syst Evol Microbiol 56 (7): 1709–1715. ISSN 1466-5026. doi:10.1099/ijs.0.63990-0. 
  18. Joubert, J. J. & F. H. J. Rijkenberg (1971). "Parasitic green algae". Annu. Rev. Phytopathol. 9: 45–64. doi:10.1146/annurev.py.09.090171.000401. 
  19. Nedelcu, Aurora M. (2001). "Complex Patterns of Plastid 16S rRNA Gene Evolution in Nonphotosynthetic Green Algae". Journal of Molecular Evolution 53 (6): 670–679. ISSN 0022-2844. doi:10.1007/s002390010254. 
  20. Tartar A, Boucias DG, Adams BJ, Becnel JJ (2002). "Phylogenetic analysis identifies the invertebrate pathogen Helicosporidium sp as a green alga (Chlorophyta)". Int J Syst Evol Microbiol 52 (Pt 1): 273–9. PMID 11837312. 
  21. Lobban, Christopher S.; Wynne, Michael James, eds. (1981). The Biology of Seaweeds. Botanical Monograph Series 17. University of California Press, p. 88.
  22. Jean-Francxois Pombert et al 2005, The Chloroplast Genome Sequence of the Green Alga Pseudendoclonium akinetum (Ulvophyceae) Reveals Unusual Structural Features and New Insights into the Branching Order of Chlorophyte Lineages Mol. Biol. Evol. 22(9) 1903–1918. doi 10.1093/molbev/msi182
  23. Bold, H.C. & Wynne, M.J. (1985). Introduction to the algae : structure and reproduction (2nd ed.). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 978-0-13-477746-7. 
  24. Mattox, K.R. & Stewart, K.D. 1984. Classification of the green algae: a concept based on comparative cytology. Pp. 29‐72, In Irvine, D.E.G. & John, D.M. (eds.), The systematics of Green Algae. The Systematics Association, Special Vol. 27, Academic Press, London.
  25. Hoek, C. et al. (1995), p. 483.
  26. Round, F.E. 1971. The taxonomy of the Chlorophyta, 2. Brit. phycol. J., 6(2): 235-264.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Burrows, E.M. 1991. Seaweeds of the British Isles. Volume 2 Chlorophyta. Natural History Museum, London. ISBN 0-565-00981-8
  • Lewis, L. A. & McCourt, R. M. (2004). "Green algae and the origin of land plants". American Journal of Botany 91 (10): 1535–1556. PMID 21652308. doi:10.3732/ajb.91.10.1535. 
  • Pickett-Heaps, J.D. (1975). Green Algae. Structure, Reproduction and Evolution in Selected Genera. Sinauer Assoc., Stamford, CT; 606 páxinas.