Saltar ao contido

Bryopsidales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bryopsidales
 Nome taxon
    Bryopsidales
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 SubreinoViridiplantae
 FiloChlorophyta
 ClaseUlvophyceae
 OrdeBryopsidales Editar o valor en Wikidata
J.H.Schaffn., 1922 Bryopsidales Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02z6c80 Editar o valor en Wikidata
ITIS9309 Editar o valor en Wikidata
OTT755489 Editar o valor en Wikidata
CoL6229T Editar o valor en Wikidata
EOL3895 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-9000000073 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bryopsidales é unha orde de algas verdes, pertencente á clase Ulvophyceae. Caracterízanse por ter células xeralmente filiformes pero que forman unha maraña cunha forma global ben definida orixinando algas de formas moi curiosas, segmentadas, laminares, en forma de copa, forma de balón ou de arbusto. Unha característica destas algas é que están formadas por unha soa célula, xa que non existen tabiques entre os núcleos que se encontran dentro destes filamentos. Desta forma, tanto os núcleos como os orgánulos celulares poden desprazarse a través da alga. Algunhas destas algas, como certas especies do xénero Caulerpa, poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais están formadas por unha soa célula.

Estas algas reprodúcense xeralmente por fragmentación. Non obstante, ante certas condicións do medio, a alga pode transformarse en milleiros de células biflaxeladas, proceso chamado holocarpia. Durante este proceso, unha alga ben formada e completamente verde empeza a transformarse en células nadadoras e nunhas cantas horas non queda máis que un esqueleto branco de paredes celulares sen vida. Cando estas células nadadoras contactan entre elas fusiónanse formando un cigoto que migra ao fondo onde se fixa a un substrato e comeza a alongarse formando a única célula que orixinará a alga adulta.

A orde Bryopsidales encóntrase distribuída por todo o mundo, a maior diversidade dáse entre as barreiras de coral tropicais, abundando por exemplo no mar Caribe.[1]

  1. ↑ Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2007). "Order: Bryopsidales taxonomy browser". AlgaeBase version 4.2 World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultado o 23 de setembro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]