The Fox and the Hound

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O raposo e o can de caza
Ficha técnica
Título orixinal The Fox and the Hound
Director Ted Berman
Richard Rich
Art Stevens
Produtor Ron Miller
Wolfgang Reitherman
Art Stevens
Guión Larry Clemmons
Ted Berman
David Michener
Peter Young
Burny Mattinson
Steve Hulett
Earl Kress
Vance Gerry
Baseado en The Fox and the Hound de Daniel P. Mannix
Intérpretes Mickey Rooney
Kurt Russell
Pearl Bailey
Jack Albertson
Sandy Duncan
Jeanette Nolan
Pat Buttram
John Fiedler
John McIntire
Dick Bakalyan
Paul Winchell
Keith Mitchell
Corey Feldman
Música Buddy Baker
Montaxe James Koford
James Melton
Estudio Walt Disney Productions
Distribuidora Buena Vista Distribution
Estrea 10 de xullo de 1981
Duración 83 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento $12 millóns[1]
Recadación $63 456 988[2]
Filme seguinte The Fox and the Hound 2

The Fox and the Hound (en galego, O raposo e o can de caza) é un filme de drama animado estadounidense do ano 1981 producido por Walt Disney Productions e baseado en parte na novela homónima escrita por Daniel P. Mannix. O vixésimo cuarto filme animado de Disney, o filme narra a historia de dous amigos improbables, un raposo vermello chamado Tod e un can de caza, Copper, que loitan por preservar a súa amizada malia os instintos emerxentes e as presións sociais que os queren levar a ser adversarios. Dirixido por Ted Berman, Richard Rich, e Art Stevens, o filme inclúe as voces de Kurt Russell, Mickey Rooney, Pearl Bailey, Pat Buttram, Sandy Duncan, Richard Bakalyan, Paul Winchell, Jack Albertson, Jeanette Nolan, John Fiedler, John McIntire, Keith Coogan e Corey Feldman.

The Fox and the Hound foi estreado nos cines dos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. Ata a súa estrea, foi a película animada máis cara producida ata esa data: custou 12 millóns de dólares.[1] Foi reestreado nos cines o 25 de marzo de 1988. En 2006 saíu á venda unha secuela, The Fox and the Hound 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ansen, David (13 de xullo de 1981). "Forest Friendship". Newsweek: 81. 
  2. "The Fox and the Hound (1981)". Box Office Mojo. Consultado o 20 de setembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]