The Rescuers
| The Rescuers | |||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Shelby Flint (pt) | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||
The Rescuers é un filme de animación do ano 1977. Foi o vixésimo terceiro filme producido por Walt Disney Pictures. Foi estreado o 22 de xuño de 1977 e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.
O filme foi inspirado por unha serie de libros infantís escritos por Margery Sharp, en especial "The Rescuers" e "Miss Bianca". Estivo catro anos en produción, combinando os talentos de máis de 250 persoas, incluíndo 40 animadores que produciron aproximadamente 330.000 debuxos; houbo 14 secuencias con 1.039 escenas separadas e 750 decorados.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme é sobre unha sociedade de ratos, chamada Rescue Aid Society, localizada en Nova York no soto do edificio das Nacións Unidas, que fan o ben no mundo real. Dous destes ratos, un conserxe chamado Bernard e a elegante delegada de Hungría, chamada Miss Bianca, acoden ao rescate de Penny, unha pícara orfa que foi secuestrada, coa axuda do cómico albatros Orville e unha variedade de animais habitantes do pantano na illa na que Penny está sendo cativa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Eva Gabor como Miss Bianca
- Bob Newhart como Bernard
- Geraldine Page como Madame Medusa
- Michelle Stacy como Penny
- Joe Flynn como Mr. Snoops
- Jim Jordan como Orville
- John McIntire como Rufus
- Jeanette Nolan como Ellie Mae
- Pat Buttram como Luke
- James MacDonald como Evinrude
- Bernard Fox como Chairman
- George Lindsey como Deadeye
- Larry Clemmons como Gramps
- Dub Taylor como Digger
- John Fiedler como Deacon Owl
- Shelby Flint como Cantante
- Bill McMillian como Presentador de televisión
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)