Lilo & Stitch
Lilo & Stitch é un filme de animación de Disney escrito e dirixido por Chris Sanders e Dean DeBlois que se estreou no 2002. Debido ó éxito do filme, a historia continuou na serie de televisión, Lilo & Stitch: The Series e tivo unha secuela, Stitch! The Movie, (2003). A segunda secuela directa a DVD foi Lilo & Stitch 2: Stitch Has a Glitch, (2005). Unha terceira secuela, Leroy & Stitch, foi realizada no 2007 como conclusión para a serie de televisión.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Lilo, unha nena hawaiana que se sente soa, decide adoptar un "can" moi feo ó que chama Stitch, que podería ser a compaña perfecta senón fose en realidade o froito dun experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e aterrou na Terra por casualidade. Co seu amor e a súa inquebrantable fe no "ohana" (o concepto hawaiano da familia), Lilo remata conquistando o corazón de Stitch e ofrécelle algo que o orixinal cadelo nunca pensou ter: un fogar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Daveigh Chase como Lilo Pelekai
- Chris Sanders como Stitch
- Tia Carrere como Nani Pelekai
- David Ogden Stiers como Jumba Jookiba
- Kevin McDonald como Pleakley
- Ving Rhames como Cobra Bubbles
- Zoe Caldwell como Grand Councilwoman
- Jason Scott Lee como David Kawena
- Kevin Michael Richardson como Gantu
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2002: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en inglés)