A Dream Is a Wish Your Heart Makes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"A Dream Is a Wish Your Heart Makes" (en galego, "Un soño é un desexo feito polo teu corazón") é unha canción escrita e composta por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston para a película de Walt Disney Cinderella (1950). Na canción, Cincenta dille ós seus amigos animais que nunca vai parar de soñar.

Versións[editar | editar a fonte]

A canción foi regravada ou versionada por Linda Ronstadt, Meredith Robertson, Bette Midler, Michael Bolton, Julie Andrews, Tomiko Van, e Hilary Duff entre outros personalidades, e foi interpretada en diversos estilos, coma country, urban, soul e piano.

Os actores estrelas de Disney Channel teñen a súa propia versión da canción, a cal se incluíu no DVD Especial de Cinderella (2005) e en Disney Channel dos Estados Unidos (unha versión máis curta).