Jacques Prévert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacques Prévert
Jacques Prévert en 1961 dans le film Mon frère Jacques par Pierre Prévert.jpg
Nome completoJacques André Marie Prévert
Nacemento4 de febreiro de 1900
Lugar de nacementoNeuilly-sur-Seine
Falecemento11 de abril de 1977 e 11 de abril de 1973
Lugar de falecementoTeloché
Causacancro de pulmón
SoterradoCimetière d'Omonville-la-Petite
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpoeta, guionista, dramaturgo, debuxante, escritor, realizador e letrista
CónxuxeJanine Tricotet e Simone Dienne
IrmánsPierre Prévert
Coñecido porParoles
Na rede
http://xtream.online.fr/Prevert/indexeng.html
IMDB: nm0699535 Allocine: 671 Allmovie: p107057
Bitraga: 826 Musicbrainz: 179333bd-7c05-4050-8d06-c1c0dfb12f18 Discogs: 583803 Allmusic: mn0000121861 Find a Grave: 12295 Editar o valor em Wikidata
Jacques Prévert signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Jacques Prévert, nado o 4 de febreiro de 1900 en Neuilly-sur-Seine (Altos do Sena) e finado o 11 de abril de 1977 en Omonville-la-Petite (Manche) foi un poeta, guionista, letrista e artista francés. Autor de poemarios, entre os que destaca Paroles (1946), foi un poeta popular grazas á súa linguaxe coloquial e xogos de palabras. Os seus poemas teñen fama no mundo francófono e son estudados nas escolas francesas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de André Louis Marie Prévert e de Marie Clémence Prévert, a súa infancia transcorre en Neuilly-Sur-Seine. Tivo un irmán máis vello, Jean, morto en 1915 de tifoides, e un irmán máis novo, Pierrre. O seu pai traballa en diversos oficios para ganarse a vida, e é crítico dramático e cinematográfico afeccionado.

Jacques abúrrese na escola e aos 15 anos, tras conseguir o certificado de estudos primarios, abandona os estudos- Tralo servizo militar en Saint-Nicolas-de-Port (Meurthe e Mosela) e despois en Istambul, volve a París en 1922. De 1924 a 1928 instálase en casa de Marcel Duhamel, futuro editor. A casa deste é un lugar de encontro do movemento surrealista.

En 1925 casa con Simone Geneviève Dienne, amiga da infancia e violonchelista nun cine, acompañando películas mudas. Aos 77 anos, o 11 de abril de 1977 falece en Omonville-la-Petite a consecuencia dun cancro de pulmón.

Obra[editar | editar a fonte]

Poemas[editar | editar a fonte]

  • Paroles (1946)
  • Histoires (1946)
  • Les Enfants qui s'aiment (1947)
  • Spectacle (1951)
  • La Pluie et le beau temps (1955)
  • Lumières d’homme (1955)
  • Histoires et d'autres histoires (1963)
  • Fatras (1966)
  • Imaginaires (1970)
  • Choses et autres (1972)
  • Soleil de nuit (1980; poemario póstumo, édición preparada por Arnaud Laster coa axuda de Janine Prévert)
  • La Cinquième Saison (1984; poemario póstumo, edición preparada por Arnaud Laster e Danièle Gasiglia-Laster coa axuda de Janine Prévert)
  • Œuvres complètes (Bibliothèque de la Pléiade, Gallimard, t. I, 1992)
  • Para facer o retrato dun paxaro, ilustracións de Mordicai Gerstein, tradución de Fernando Moreiras, Kalandraka, ISBN 978-84-15250-00-5

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Dîner de têtes (1951; máscaras realizadas por Elsa Henriquez)
  • Octobre sketches e coros falados para o Grupo Octobre (1932-1936) reunidos e comentados por André Heinrich, Gallimard 2007.
  • Attention au Fakir! Suivi de textes pour la scène et l'écran, textos de Jacques Prévert reunidos e presentados por André Heinrich (Gallimard, 1995)
  • Entradas e saídas; A famila todosaconchegados, tradución de Henrique Harguindey, Revista Galega de Teatro nº 35

Conversas[editar | editar a fonte]

  • Hebdromadaires (con André Pozner)

Libros de arte e colaxes[editar | editar a fonte]

  • Grand Bal du printemps (1951; co fotógrafo Izis)
  • Charmes de Londres (1952; co fotógrafo Izis)
  • Jean-Jacques Morvan - Dix ans de peinture, 1951-1961 (1964; en colaboración con André Parinaud, David Ojalvo, Jean Chaumely et Jean Bouret, Éditions du Musée de Morlaix)
  • Diurnes (con Pablo Picasso e o fotógrafo André Villers)
  • Couleur de Paris, co fotógrafo Peter Cornelius
  • Carmina Burana, co compositor Carl Orff e o pintor HAP_Grieshaber
  • Le Cirque d'Izis, con Marc Chagall et Izis
  • Les chiens ont soif, con Max Ernst
  • Varengeville, con Georges Braque
  • Fêtes, con Alexander Calder
  • 1973: Eaux-fortes (con Marcel Jean)
  • Adonides, con Joan Miró
  • 1976: Arbres (gravados de Georges Ribemont-Dessaignes)
  • 1982: Collages

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • Contes pour enfants pas sages (1947)
  • Le Petit Lion (1947)
  • Des bêtes (1950)
  • Lettre des îles Baladar (1952; ilustracións de André François. Traducido ao galego por Henrique Harguindey, Cartas das illas Bailarinas, 1996, Xerais)
  • Guignol (1952; pinturas de Elsa Henriquez)
  • L'Opéra de la lune (1953; ilustracións de Jacqueline Duhême)

Outros[editar | editar a fonte]

  • Le Cheval de Trois (1946)
  • Vignettes pour les vignerons (1951)
  • Tour de chant (1953)

Poemas e textos cantados[editar | editar a fonte]

  • 1959: Récital 1958 no Théâtre de L'Étoile
  • 1962: Yves Montand chante Jacques Prévert (álbum con 15 títulos)
  • 2016: Jacques Prévert, ces chansons qui nous ressemblent (70 cancións e poemas). Productions Jacques Canetti

Antoloxía[editar | editar a fonte]

  • Jacques Prévert, un poète, textos escollidos e presentados por Arnaud Laster, Folio junior en poésie, Gallimard, 1980