Jean-Jacques Goldman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Jacques Goldman
Jean-Jacques Goldman e Michael Jones
Alias O. Menor, Sam Brewski, Sweet Memories, First Prayer
Naceu 11 de outubro de 1951 (65 anos)
Orixe Illa de Francia, París Flag of France.svg Francia
Ocupación (s) Cantante, Compositor, Productor intérprete
Xénero Variété,Pop, Rock
Instrumento(s) Voz, Guitarra, Baixo, Piano, Harmonica, Laude, Frauta, Violín
Selo(s) discográfico (s) WEA (1975-1979)
Epic-Sony Music Entertainment (despóis de 1981)
Relacionado con Taï Phong
Michael Jones
Fredericks Goldman Jones
Les Enfoirés
Céline Dion
Carole Fredericks
Patrick Bruel
Daniel Balavoine
Patrick Fiori
Zep
Grégoire
Jean-Marie Bigard
Muriel Robin
Pierre Palmade
Coluche
Tempo en activo 1966-actualidade

Jean-Jacques Goldman é un autor, compositor, e intérprete francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

A súa nai, Ruth Ambrunn, nada en Múnic, Alemaña, e o seu pai, Alter Mojze Goldman, nado en Lublin, Polonia, foron heroes da Resistencia francesa. Tiñan xa dous nenos antes do nacemiento de Jean-Jacques e tiveron un cuarto a continuación. Un dos seus irmáns é o militante de extrema esquerda asasinado Pierre Goldman.

Jean-Jacques cantou por primeira vez no grupo Red Mountain Gospellers en coral, logo con The Phalanster e finalmente con Taï Phong antes de comezar a súa carreira en solitario. Esta carreira deixouna de lado hai algúns anos para fundar un trío co galés Michael Jones e a americana Carole Fredericks.

A súa carreira en solitario culmina en setembro de 1985 coa aparición do seu cuarto álbum en solitario, despois de "Démodé" (1981), "Minoritaire" (1982), e de "Positif" (1983), chamado "non homologué". Dito álbum fala de familia "tu es de ma famille", de "Délires schizo-maniaco-psychotiques". Nesta perspectiva individual plantexa un novo concepto: "La vie par procuration" que permaneceu nos primeiros postos de vendas a partir de 1987, pero sobre todo saca á luz un dos seus dúos máis relevantes, símbolo da súa posterior carreira de cantante acompañado: en "Je te donne" canta xunto con "Michael Jones" con característicos guitarreos rockeiros, e dá ao ointe "[...todas as miñas diferenzas, todos eses defectos que á vez son afortunados, ... douche todo o que son e todo o que valgo ..."} e fano (o dúo) en inglés e en francés (que eran por aquel entón as dúas linguas occidentais por antonomasia).

Outro álbum "Entre gris clair et gris foncé" (1987) está considerado polos seus seguidores como a mellor obra deste virtuoso guitarrista e músico, nun coidado francés, fresco pero pouco argótico, fala da nai solteira ("elle a fait un bébé toute seule"), do emigrante "Là-bas", do bo profesional ("il changeait la vie"), do que é o amor ("En tout cas c'est pas de l'amour"), e como bo rockeiro da súa guitarra ("peur de rien blues")...

Xa consolidado como unha das lendas da música francesa pasa a formar parte da historia da música francófona. Chamárono para elaborar o himno (oficial ata hoxe), de Les Restaurants du Cœur (restaurantes de corazón), organización humanitaria fundada por Coluche. Compón baixo pseudónimos e consegue que as súas cancións dean a volta ao mundo sen ser un nome propio coñecido fóra do mundo francófono. É o autor de "Aïcha" cantado por Cheb Khaled e Outlandish e incluso polo dúo español Amistades Peligrosas, é impulsor da carreira artística da francófona máis internacional Céline Dion, escribiu un dos discos de Johnny Hallyday.

No ano 2001 sae o seu disco "Chansons pour les pieds" no que predominan os ritmos celtas e as súas oríxes de violinista. Ao final de dito álbum hai unha canción oculta entre "tarareos" que despertou a curiosidade da prensa francesa, pois só di "La vie c'est mieux quand on est amoureux".

Jean-Jacques Goldman tamén escribiu e compuxo cancións para outros intérpretes, coma Joe Cocker, Ray Charles, Yannick Noah, Céline Dion, Patricia Kaas, Johnny Hallyday, Garou, Patrick Fiori, Cheb Khaled, Lorie, Marc Lavoine, Florent Pagny etc.

El formouse na EDHEC Business School[1].

Discografía[editar | editar a fonte]

Discos de estudio[editar | editar a fonte]

  • 1981: Démodé
  • 1982: Minoritaire
  • 1984: Positif
  • 1985: Non homologué
  • 1987: Entre gris clair et gris foncé
  • 1997: En Passant
  • 2001: Chansons pour les pieds (Cancións para os Pies)

Con Carole Fredericks e Michaël Jones (o trío chamado Fredericks- Goldman- Jones):

  • 1990: Fredericks - Goldman - Jones
  • 1993: Rouge

Gravacións en vivo[editar | editar a fonte]

  • 1986: En Public (En Público)
  • 1989: Traces
  • 1999: En Passant Tournée 1998
  • 2003: Un Tour Ensemble (Un Tour Xuntos)

Con Carole Fredericks e Michaël Jones :

  • 1992: Sur scène
  • 1995: Du New morning au Zénith

Enlaces externos[editar | editar a fonte]


  1. (en francés)Jean-Jacques GOLDMAN