Orlando di Lasso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1532 Mons, Bélxica |
| Morte | 14 de xuño de 1594 Múnic, Alemaña |
| Mestre de capela Basílica de San Xoán de Latrán | |
| 1553 – | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Compositor |
| Ocupación | compositor, mestre de capela |
| Xénero artístico | Mottetto, Polifonía e música renacentista |
| Profesores | Hoste da Reggio (pt) |
| Alumnos | Andrea Gabrieli, Giovanni Gabrieli e Francisco Leontaritis (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Fillos | Regina di Lasso, Johann di Lasso, Ferdinando di Lasso, Rudolph di Lasso |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Orlando di Lasso (ou Roland Lassus), nado en Mons en 1532 e finado en Múnic o 14 de xuño de 1594, foi un compositor da escola francoflamenga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cosmopolita antes dos 24 anos estivo en Milán, Nápoles, Roma, Anveres e París, en 1556 estableceuse en Múnic. Traballou todos os xéneros musicais, consérvanse unhas 1000 composicións profanas súas, sendo particulalmente un mestre do madrigal que contribuíu a difundir por toda Europa, inda que tamén destacou como compositor de cancións, villanelle e lieder. Ademais, xunto con Palestrina e Victoria, é un dos máximos representantes da música católica posterior ao Concilio de Trento con máis de 250 composicións relixiosas: misas, motetes e magnificat sobre todo. Pertence á última xeración de compositores franco-flamengos e, ao igual ca Jacques Arcadelt, estivo tamén ao servizo dos papas de Roma. O seu espírito cosmopolita achégao a compositores de períodos posteriores.