Castro de Morás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°43′15″N 7°30′04″O / 43.720819444444, -7.5012222222222

Castro de Morás
ParroquiaMorás
ConcelloXove
ProvinciaProvincia de Lugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27025003
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónnon
Estado actualSen escavar
Acceso peonil
Plantación de eucaliptos
Extensión estimadaaprox. 2,2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Morás ou Coto da Vela é un castro que se atopa entre as parroquias de Morás e Portocelo do concello de Xove, na provincia de Lugo. Está catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio co código GA27025003 e incluído no planeamento urbanístico do concello de Xove[1].

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico.

Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos. Está formado por un recinto superior e tres aterrazamentos sucesivos. A croa presenta unha planta ovalada reforzada cunha muralla de terra e pedra onde instalaron un vértice xeodésico. Mide uns 110 metros de norte a sur e uns 80 metros de leste a oeste. O conxunto atópase defendido por un terraplén en todo o seu perímetro agás polo NO onde a pendente se prolonga ata o mar. Ao seu pé, baixo os cantís, hai unha pequena praia que recibe o nome de Sucastro.

Lendas[editar | editar a fonte]

Segundo unha información recollida no colexio público de Xove en 1989, no lugar vivía un rei que reinaba sobre este castro e outros sete máis[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Outras imaxes[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]