Castro de Burela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 43°40′10.98″N 07°21′28.02″O / 43.6697167, -7.3577833

Castro de Burela
Castro de Burela.JPG
Parroquia Burela
Concello Burela
Provincia Provincia de Lugo
Comunidade autónoma Galicia
Id. catálogo GA27902001
Cronoloxía
Datas de ocupación séculos III e o II a. C. (Torque)
Data da descuberta ?
Períodos de escavación non
Estado actual Non escavado, Sen acceso ó público, matorral
Extensión estimada aprox 2,32 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Burela ou Chao do Castro é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É coñecido por nel atoparse o Torque de Burela[1], entre outros instrumentos como arcadas e puntas de frechas[2][3][4].

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Estruturas do castro: croa, murados da croa, portas e rampla de acceso, murados accesorios e murados defensivos

Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico, coñecido en Burela como Chao de Castro. O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, aínda que bastante colmados por terra, e unha rampla de acceso aínda visible. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Dende o paseo marítimo de Burela pódese observar perfectamente, posto que a estrada pasa xusto ao seu carón.

Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como son: a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, os muros de división internos e os muros defensivos asociados a foxos. Aínda que esta análise e moi intuitiva, é unha ferramenta útil para entender a morfoloxía e posible extensión do castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torques de Burela
  2. Brigantium Vol 11 ,1998 "los inicios de la metalurgia en el noroeste de la Peninsula Ibérica" B. Comendador Rey
  3. Castro Pérez, Ladislao (1990), Os torques prehistóricos (páx. 165), Serie Galicia. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-695-9
  4. Rosalía Crespo Prieto, "El torques de Burela", Estudios Mindonienses, ISSN 0213-4357, Nº. 16, 2000 , pp. 545-558

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]