Castro de Rueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°41′00″N 7°24′05″O / 43.683333333333, -7.4013333333333

Castro de Rueta
ParroquiaCervo
ConcelloCervo
ProvinciaProvincia de Lugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27013005
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Data da descuberta?
Períodos de escavaciónnon
Estado actualSen escavar, sen acceso, matogueira
Extensión estimadaaprox. 1,9 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Rueta é un castro que se atopa na parroquia de Cervo do concello de Cervo, na provincia de Lugo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico.

O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, bastante colmados por terra e pola rampla de acceso. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Ademais ten uns foxos definidos cun punto único de entrada na parte central[1].

Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, o antecastro e os muros defensivos asociados ós foxos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2017. Consultado o 03 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]