Cangrexo ermitán vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cangrexo ermitán vermello
Dardanus arrosor
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Anomura
Superfamilia: Paguroidea
Familia: Diogenidae
Xénero: Dardanus
Especie: D. arrosor
Nome binomial
Dardanus arrosor
(Herbst, 1796)
Sinonimia
Véxase o texto

O cangrexo ermitán vermello,[1] é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos anomuros, superfamilia dos paguroideos e familia dos dioxénidos.

Como outros cangrexos ermitáns, o seu abdome non está calcificado, polo que usa cunchas de caracol como casas portátiles.

Aínda que é unha especie comestíbel, é moi pouco frecuente nas lonxas, estando totalmente ausente nos mercados.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1796 polo naturalista alemán Johann Friedrich Wilhelm Herbst.[3]

Ao longo do tempo foi denominado polos seguintes sinónimos:[3]

  • Aniculus chiltoni Thompson, 1930
  • Cancer arrosor Herbst, 1796 (basónimo)
  • Dardanus arrosor divergens Zariquiey, 1952 (subespecie considerada inxustificada)
  • Eupagurus striatus Cuenot, 1892
  • Pagurus arrosor (Herbst, 1796)
  • Pagurus incisus Olivier, 1812
  • Pagurus striatus Latreille, 1802
  • Pagurus strigosus Bosc, 1802
  • Petrochirus arrosor (Herbst, 1796)

Características[editar | editar a fonte]

As principais características do cangrexo ermitán vermello son:[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A especie vive en practicamente en augas temperadas e cálidas de case todos o mares e océanos do mundo, encontrándose sobre todo no Atlántico oriental, desde o sur da Gran Bretaña até Suráfrica, nas illas Azores, Canarias, Madeira e Cabo Verde e o mar Mediterráneo, no Índico, no Pacífico (China, Xapón, Australia e Nova Zelandia) e en Centroamérica, en ambos os océanos, achándose desde os montes submarinos até as praias e as pozas da zona intermareal.[3][4][5]

É característica a asociación simbiótica entre a anemone Calliactis parasitica e o cangrexo ermitán vermello. A diferenza do cangrexo ermitán propiamente dito, Pagurus bernhardus, o vermello pode mostrar un patrón de comportamento activo que axuda á transferencia de Calliactis á cuncha na que vive. Extensos ensaios mostraron, porén, unha marcada tendencia destes cangrexos, que se dividen en dous grupos: os 'artistas', que mostran adoito este comportamento, e os 'non-artistas', que case nunca amosan esta actividade. A maioría dos 'artistas' son femias, mentres que os máis dos machos son 'non-artistas'. Calliactis transfírese con frecuencia a cunchas ocupadas por Dardanus sen axuda do cangrexo. Observacións sobre estes casos e experimentos con cunchas demostran que para a transferencia exitosa é necesaria a cooperación da anemone.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 241.
  2. 2,0 2,1 Dardanus arrosor (Herbst, 1796) Arquivado 26 de agosto de 2014 en Wayback Machine. en ICTIOTERM (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 Dardanus arrosor (Herbst, 1796) no WoRMS.
  4. Dardanus arrosor (Herbst, 1796) en GBIF Backbone Taxonomy. Ver mapa de distribución.
  5. Dardanus arrosor Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en Encyclopedia of Life.
  6. Ross, D. M. & L. Sutton (1961): "The Association between the Hermit Crab Dardanus arrosor (Herbst) and the Sea Anemone Calliactis parasitica (Couch)". Proc. R. Soc. Lond. B 155 (959): 282-291. Ver resumo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]