Pleociemados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pleocyemata»)
Pleociemados
(Pleocyemata)

Rango fósil: Devoniano - actualidade

Femia ovada de Potamon fluviatile co pleon mantido aberto para mostrar os ovos que leva nos pleópodos.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Burkenroad, 1963
Infraordes
  • Véxase o texto

A dos pleociemados (Pleocyemata), do grego πλέω pléo, "nadar" e κυέω kyéo, "estar embarazada", é unha suborde de crustáceos decápodos fundada por Martin Burkenroad en 1963.[1]

A clasificación de Burkenroad substituíu as antigas subordes de Natantia (nadadores) e Reptantia (reptadores) polos grupos monofiléticos Dendrobranchiata e Pleocyemata.

Os pleociemados inclúen todos os membros dos reptadores (incluíndo cangrexos, lagostas, lumbrigantes, nécoras, cigalas e outros), así como os estenopodideos (Stenopodidea) e os carideos (Caridea) (que comprenden os camaróns).

Infraordes[editar | editar a fonte]

A suborde dos pleociemados comprende as infraordes seguintes::[2]

Estes taxons comparten unha serie de características, a máis importante delas é que os ovos fecundados son incubados polas femias e permanecen pegados aos pleópodos (patas nadadoras) até que están listos para eclosionar. É esta característica a que lle dá o nome ao grupo.

O fósil máis antigo representativo do grupo é Palaeopalaemon, do Devoniano.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burkenroad, M. D. (1963). "The evolution of the Eucarida (Crustacea, Eumalacostraca), in relation to the fossil record". Tulane Studies in Geology 2 (1): 1–17. 
  2. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 02 de xaneiro de 2013. 
  3. Robert P. D. Crean (2004): Order Decapoda: Fossil record and evolution. University of Bristol. [1] Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]