O 356 é lixeiro e de manexo áxil, con motor traseiro, tracción traseira e con dúas portas dispoñible tanto en configuracións cupé de teito duro como cabriolé. As innovacións de enxeñería continuaron durante os anos de fabricación, contribuíndo ao seu éxito e popularidade nos deportes de motor. A produción comezou en 1948 en Gmünd, Austria, onde Porsche construíu aproximadamente 50 coches. En 1950 a fábrica trasladouse a Zuffenhausen, Alemaña, e a produción xeral do 356 continuou ata abril de 1965, moito despois de que o modelo de substitución 911 fixese o seu debut en setembro de 1964. Dos 76.000 producidos orixinalmente, aproximadamente a metade inda sobreviven.[1]
O prezo orixinal en 1948 para o cupé 356 foi de 3.750 dólares estadounidenses (equivalente a 45.700 dólares en 2022). O convertible 356 custaba 4.250 dólares (equivalente a 51.800 dólares en 2022).[2]