Aleix Font
Leyma Coruña – No. 22 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1998 (24 anos)![]() |
Altura | 1,94 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 85 kg (187 lb) |
Posición | Escolta |
Información da carreira | |
Carreira | 2016−presente |
Historial de equipos | |
Barcelona B (2016–2020) → Brose Bamberg (2019) → Obradoiro (2019–2020) Zaragoza (2020–2022) → Bàsquet Girona (2020) Básquet Coruña (2022–presente) |
Aleix Font Rodríguez, nado o 11 de marzo de 1998 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 2 de novembro de 2019, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Obradoiro CAB da Liga ACB.[1]
O 21 de agosto de 2020, Font rescindiu o seu contrato co FC Barcelona e asinou un contrato de catro tempadas co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.[2] Na súa primeira tempada co Zaragoza, foi cedido ó Bàsquet Girona da Liga LEB Ouro.[3] O 10 de decembro de 2020, o Zaragoza recuperou ó xogador debido ás lesións de longa duración de dous dos seus xogadores.[4]
O 29 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Font por unha tempada co Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O Monbus Obradoiro incorpora a Aleix Font". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 04 de novembro de 2019.
- ↑ Aleix Font, futuro para el Casademont Zaragoza
- ↑ Aleix Font completa la plantilla del Bàsquet Girona 2020-21
- ↑ Aleix Font se incorpora al Casademont Zaragoza
- ↑ "Aleix Font se suma al Leyma Coruña". basquetcoruna.com. 29 de xullo de 2022. Consultado o 29 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en FEB.es (en castelán)