Skyliners Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fraport Skyliners»)
Fraport Skyliners
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1999
Cores                Azul, branco, laranxa
Adestrador Galicia Diego Ocampo
Patrocinador Fraport
Localización
Cidade Alemaña Frankfurt, Alemaña
Pavillón Fraport Arena
Capacidade 5 002
Inauguración 1988
Campionatos
FIBA Europe Cup 1 (2016)
Liga 1 (2004)
Copa 1 (2000)
fraport-skyliners.de

O Skyliners Frankfurt, coñecido por motivos de patrocinio como Fraport Skyliners, é un club profesional de baloncesto alemán da cidade de Frankfurt, no estado de Hessen. Actualmente xoga na Basketball Bundesliga (BBL), a máxima categoría do baloncesto xermano. No ano 2000, tan só un ano despois da súa fundación, o club gañou o seu primeiro título ao conseguir a Copa de Alemaña e catro anos despois, en 2004, a súa primeira Liga. O seu estadio como local é o Fraport Arena, recinto con capacidade para 5 002 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O equipo naceu en 1999, cando Gunnar Wöbke, exogador e director deportivo do TV Tatami Rhöndorf decidiu trasladar ao equipo desde Bad Honnef, unha localidade próxima a Bonn, até Frankfurt. O TV Tamami Rhöndorf leveba varias temporadas finalizando entre os primeiros lugares da Basketball Bundesliga, máis Wöbke consideraba que o equipo non podía medrar máis na súa actual localización. Así, o obxectivo do traslado era poder utilizar un pavillón grande nunha gran cidade para converterse nun equipo de elite tanto en Alemaña como en Europa. Alén de Frankfurt, foron baralladas outras opcións como Colonia.

O equipo, na súa nova localización e xa bautizado como Skyliners, conseguiu gañar na súa primeira campaña a Copa de Alemaña. No ano 2004 conseguen gañar o seu primeiro título da Bundesliga, gañando nas finais ao Baskets Bamberg por 3−2. En 2005 o equipo repite final, máis estas vez o Bamberg consegue levarse o título por 3−2. Este mesmo resultado repitiríase en 2010, ano no que tamén foron subcampións de Copa. A nivel europeo, os Skyliners conseguiron varias participacións tanto en Euroliga como na Copa Saporta ou a Eurocup. Porén, o seu primeiro grande éxito europeo non chegaría até 2016 cando conseguiron a vitoria na FIBA Europe Cup após venceren na final ao Pallacanestro Varese por 66–62.

Nomes[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • Skyliners Frankfurt (1999−2000)
  • Opel Skyliners Frankfurt (2000−2005)
  • Deutsche Bank Skyliners (2005−2011)
  • Fraport Skyliners (2011−presente)

Temporadas[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa Europa
1999–00 1 Bundesliga Campións 2 Copa Saporta OF
2000–01 1 Bundesliga Cuartos 1 Euroleague FR
2001–02 1 Bundesliga Terceiros 1 Euroleague FR
2002–03 1 Bundesliga 2 ULEB Cup FR
2003–04 1 Bundesliga Subcampións 2 ULEB Cup FR
2004–05 1 Bundesliga Cuartos 1 Euroleague FR
2005–06 1 Bundesliga 14th 2 ULEB Cup FR
2006–07 1 Bundesliga 13º
2007–08 1 Bundesliga 2 ULEB Cup FR
2008–09 1 Bundesliga Terceiros 3 EuroChallenge FR
2009–10 1 Bundesliga Subcampións
2010–11 1 Bundesliga Cuartos 3 EuroChallenge FR
2011–12 1 Bundesliga 2 Eurocup FR
2012–13 1 Bundesliga 15º
2013–14 1 Bundesliga 11º
2014–15 1 Bundesliga 3 EuroChallenge
4th
2015–16 1 Bundesliga Terceiros 3 FIBA Europe Cup
C
2016–17 1 Bundesliga 10º 3 Champions League PO
2017–18 1 Bundesliga Fase previa
2018–19 1 Bundesliga 11º Semifinalistas 2 EuroCup T16
2019–20 1 Bundesliga Oitavos de final
2020–21 1 Bundesliga 11º Fase de grupos

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

  • Alemaña Stefan Koch – 1999–2001
  • Canadá Gordon Herbert – 2001–2004
  • Turquía Murat Didin – 2004–2005
  • Croacia Ivan Sunara – 2005–2006
  • Checoslovaquia Kamil Novak – 2006
  • Suecia Charles Barton – 2006–2007
  • Grecia Mike Kalavros – 2007
  • Turquía Murat Didin – 2007–2010
  • Canadá Gordon Herbert – 2010–2011
  • Israel Muli Katzurin − 2011–2013
  • Canadá Gordon Herbert – 2013–2019
  • Alemaña Sebastian Gleim – 2019–2021
  • Galicia Diego Ocampo – 2021–presente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]