Concello de Borås
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Västra Götaland | ||||
| Capital | Borås | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 115.177 (2026) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 967,53 km² | ||||
| Altitude | 143 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Sucedido por | Bollebygd (municipio) | ||||
Evento clave
| |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 50110–50899 | ||||
| Prefixo telefónico | 033 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | boras.se | ||||
Borås é un municipio sueco (kommun) do condado de Västra Götaland.[1] Antes pertencía ao desaparecido condado de Älvsborg. A súa capital é a cidade de Borås. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 114 872 habitantes.[2]
O concello de Borås está situado na chuviosa parte occidental da meseta meridional de Suecia. O terreo está formado por vales montañosos e unha gran parte do municipio está cuberta de bosques de coníferas, aínda que a zona tamén é rica en lagos e turbeiras.
A zona forma a parte central da rexión Sjuhäradsbygden, no sur do landskap de Västergötland, e está fortemente asociada coa industria téxtil e os vendedores ambulantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está ao sur do condado de Västra Götaland e limita cos concellos de Herrljunga ao nordés, Ulricehamn ao leste, Tranemo ao sueste, Svenljunga ao sur, Mark ao suroeste, Bollebygd ao oeste e Vårgårda ao noroeste, todos eles en Västra Götaland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-14.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-06.
