Julio Palacios Martínez
Julio Palacios Martínez | |
---|---|
Nome completo | Julio Palacios Martínez |
Nacemento | 12 de abril de 1891 |
Lugar de nacemento | Paniza |
Falecemento | 21 de febreiro de 1970 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid e Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | físico |
Premios | Medalla de Ouro ó Merito no Traballo e Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Julio Palacios, nado en Paniza (provincia de Zaragoza) o 12 de abril de 1891 e finado en Madrid o 12 de febreiro de 1970, foi un físico aragonés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras o seu doutoramento na Universidade de Madrid, Blas Cabrera aconselloulle que ampliase estudos en Leiden (Países Baixos), onde estudou as isotermas a baixa temperatura correspondentes ós gases nobres. Á súa volta, incorporouse no laboratorio do seu mentor con traballo sobre a tensión superficial do mercurio e a corrección correspondente das lecturas barométricas. Asemade, investigou sobre a luminosidade dos raios canais e sobre as substancias para e diamagnéticas.
No 1926 acadou a cátedra de Termoloxía en Madrid. Posteriormente investigou sobre as estruturas cristalinas por difracción de raios X.
O 8 de abril de 1932 ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais cun discurso sobre mecánica cuántica.