José Giral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Giral Pereira")
José Giral
José Giral Pereira
Datos persoais
Nacemento 22 de outubro de 1879
Lugar Flag of Cuba.svg Santiago de Cuba
Falecemento 23 de decembro de 1962
Lugar Flag of Mexico.svg Cidade de México
Organización Acción Republicana, Izquierda Republicana
Profesión Político e químico

José Giral Pereira, nado en Santiago de Cuba en 1879 e finado en México en 1962, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundador, xunto a Manuel Azaña, de Acción Republicana e membro de Izquierda Republicana, dende a fusión entre Acción Republicana, o Partido Radical Socialista e a ORGA.

Entre 1931 e 1933 foi ministro de Mariña. Tralo intento de Diego Martínez Barrio de formar goberno para deter a sublevación militar do 17 de xullo de 1936, Manuel Azaña encargoulle formar novo goberno constituído exclusivamente por republicanos. Este goberno duraría dende o 19 de xullo até o 4 de setembro de 1936, cando a caída de Talavera de la Reina e con Madrid ó alcance do Exército de Marrocos, obrigou a entregar o poder a Francisco Largo Caballero. Durante o goberno de Giral, o exército foi disolto por decreto e déronse ordes de entregar as armas ás organizacións obreiras.

O 4 de febreiro de 1939 foi afastado da súa cátedra de química na Universidade Central por "pública y notoria desafección al nuevo régimen". Exiliouse a México.

Foi nomeado Presidente do Goberno español no exilio, cargo que desenvolveu entre 1945 e 1947.


Predecesor:
Santiago Casares Quiroga
Ministro de Mariña de España
1931 - 1933
Sucesor:
Lluís Companys i Jover
Predecesor:
Antonio Azarola y Gresillón
Ministro de Mariña de España
1936
Sucesor:
Francisco Maíz Sánchez
Predecesor:
Diego Martínez Barrio
Presidente do Consello de Ministros de España
1936
Sucesor:
Francisco Largo Caballero
Predecesor:
Nova creación
Ministro sen carteira de España
1936 - 1937
Sucesor:
Suprimido
Predecesor:
Julio Álvarez del Vayo
Ministro de Estado de España
1937 - 1938
Sucesor:
Julio Álvarez del Vayo
Predecesor:
Nova creación
Ministro sen carteira de España
1938 - 1939
Sucesor:
Suprimido
Predecesor:
Juan Negrín López
Presidente do Consello de Ministros da Segunda República española no exilio
1945 - 1947
Sucesor:
Rodolfo Llopis Ferrándiz