Mercedes Cabrera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo, nada en Madrid o 3 de decembro de 1951, é unha política, politicóloga, historiadora e foi ministra do goberno de España.
É sobriña de Leopoldo Calvo-Sotelo, expresidente do Goberno, de Fernando Morán López, exministro de Exteriores, e sobriña-neta do físico Blas Cabrera.
Biografía
[editar | editar a fonte]É Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e desde 1996 Catedrática de Historia do Pensamento e dos Movementos Sociais e Políticos na Universidade Complutense.
É deputada polo PSOE na circunscrición de Madrid desde 2004. Foi elixida como Presidenta da Comisión de Educación e Ciencia do Congreso dos Deputados. É membro do Consello Reitor da Fundación Pablo Iglesias e Presidenta da Asociación de Amigos da Residencia de Estudiantes. Tamén foi profesora do Colexio Estudo de Madrid.
O 7 de abril de 2006 foi nomeada Ministra de Educación e Ciencia de España, a proposta do Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero. En 2008 o seu ministerio mudou de nome e pasouse a chamar de Educación, Política Social e Deporte.
Está casada con Carlos Arenillas, vicepresidente da CNMV, e ten dous fillos.
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- La patronal ante la Segunda República. Organizaciones y estrategia (1931-1936). Editorial Siglo XXI. 1983.ISBN 84-323-0469-7
- El poder de los empresarios. Política y economía en la España contemporánea (1875-2000) Editorial Taurus. 2002. ISBN 84-306-0439-1
- Con luz y taquígrafos:el Parlamento en la Restauración (1913-1923) . Editorial Taurus. 1998. ISBN 84-306-0293-3
- La industria, la prensa y la política: Nicolás María de Urgoiti (1869-1951) Alianza Editorial. 1994. ISBN 84-206-9406-1
Predecesor: María Jesús San Segundo |
Ministra de Educación, Política Social e Deporte 2006 - 2009 |
Sucesor: Ángel Gabilondo |
- Ministros de Educación de España
- Historiadores de España
- Nados en Madrid
- Nados en 1951
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid
- Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)