Lei de Cabrera-Duperier
En 1929, Blas Cabrera Felipe e o seu discípulo Arturo Duperier corrixiron a lei de Curie-Weiss, que describe con limitacións la susceptibilidade magnética dun material ferromagnético na rexión paramagnética situada máis aló do punto de Curie, engadindo unha constante K á susceptibilidade magnética χ, distinta para cada elemento[1], o que deu orixe á Lei de Cabrera-Duperier do paramagnetismo, (ou lei Curie-Weiss-Cabrera)[2] que pode expresarse como:
(χ+Κ)(T+Δ)=C
Onde:
C é a constante de Curie do material
T é a temperatura absoluta
Δ é a temperatura de Curie
χ é a susceptibilidade magnética
Κ é unha constante. Empregando o sistema internacional, ambas temperaturas deben medirse en Kelvin.
A lei implica a que existe unha temperatura de transición entre o estado ferromagnético e o paramagnético. Como derivada da lei de Curie, deixa de ser válida nas proximidades do punto de Curie.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ histórica, Memoria. "Arturo Duperier, "mártir y mito" de la ciencia española exiliado por la Guerra Civil". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2018-12-18.
- ↑ 1878-1945., Cabrera, Blas, ([1997]). El estado actual de la teoría del magnetismo : (1916-1919). [Pozuelo de Alarcón, Madrid]: Amigos de la Cultura Científica. ISBN 9788487635229. OCLC 433906399.