Saltar ao contido

Bizkaia Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bizkaia Arena
Barakaldo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Deporte
Persoas e organizacións
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
novembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Capacidade26.000 Editar o valor en Wikidata
Superficie26.000 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Bizkaia Arena é un pavillón multiúsos situado no complexo Bilbao Exhibition Centre, en Barakaldo, Biscaia (Euskadi). É o maior pavillón de usos múltiples en España, xa que pode albergar até 26.000 persoas,[1] 18.640 para a maioría dos deportes de interior. Forma parte do Complexo Bilbao Exhibition Centre (BEC), a Feira de Mostras de Bilbao.

O lugar é escenario habitual de partidos de baloncesto, contando cunha capacidade para este deporte de 15.414 espectadores.[2][3] Dende 2009, é o o fogar do Bilbao Basket (en 2007 e 2008, utilizouse en diversas ocasións para os encontros máis atractivos). O pavillón foi sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2010, e unha das sedes do Mundial de Baloncesto 2014. Varios grupos internacionais de música realizaron concertos no Bizkaia Area, incluíndo Bryan Adams (2005), The Who (2006), Bruce Springsteen (2007), AC/DC (Black Ice World Tour, 2009), Leonard Cohen (2009), Jonas Brothers (2009), Rammstein (2009) ou Chuck Berry. O recinto tamén foi utilizado para outro tipo de espectáculos como ópera,, discursos políticos e reunións relixiosas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]