Biel/Bienne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Biel-Bienne")
Biel/Bienne
Bienna
Biel-coat of arms.svg
CH Biel Altstadt-5.JPG
Localización
Karte Gemeinde Biel Bienne 2010.png
País Suíza Suíza 
Cantón Flag of Canton of Bern.svg Berna
Distrito Biel/Bienne
Xeografía
Altitude 434 msnm
Superficie 51,60 km²
Demografía
Poboación 50 455
Densidade 2380
Outros datos
Código postal 2500 - 2510
Alcalde Erich Fehr (SPS)

Biel/Bienne é unha cidade de Suíza, situada no cantón de Berna, a media hora por estrada da capital suíza. Os seus 50.455 habitantes (datos de 2010) convértena na décima cidade do país. É o corazón da industria reloxeira suíza. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a denominarse oficialmente Biel/Bienne.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade descansa aos pés da aba sur da Cordilleira do Xura, na ribeira nordeste do Lago de Biel. Queda, pois, xusto na fronteira lingüística entre o francés e o alemán, o Röstrigaben, motivo polo cal a denominación oficial da cidade é nos dous idiomas, habendo un 40% de francófonos e un 60% de xermanófonos, con tendencia a diminuiren os primeiros en favor dos segundos.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe de Biel hai que procurala no asentamento galo establecido durante a cultura de La Tène. Foi conquistada sucesivamente por romanos e burgundios, chegando estes últimos a incorporala ao seu reino, para pasar posteriormente ao dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico.

A cidade propiamente dita foi construída no século XI e o primeiro rexistro escrito do seu topónimo data de 1142. Ata o século XVIII permaneceu oficialmente baixo a xurisdición do bispo de Basilea, mais na práctica integrouse na Antiga Confederación Suíza.

En 1798 foi anexionada pola Primeira República Francesa. Unha vez derrotado Napoleón, tras o Congreso de Viena, integrouse no cantón de Berna, onde aínda permanece.

Ata 2005 denominouse oficialmente Biel, aínda que a forma bilingüe Biel-Bienne tamén era de uso común. A partir dese ano a denominación oficial pasou a ser Biel/Bienne.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Biel xira en torno á súa industria reloxeira. Marcas coma Festina, Leroy, Swatch ou Rolex están intimamente ligadas coa cidade. A mecánica de precisión e a micromecánica prosperan en toda a vila e nos seus arredores. Rolex estableceuse dende os seus inicios aquí, situando os seus centros de produción. Swatch tamén ten a súa sede central na cidade, ao igual que a Federación da Industria Reloxeira Suíza.

Cultura[editar | editar a fonte]

En 2004 recibiu o Premio Wakker pola conservación e desenvolvemento do seu patrimonio arquitectónico. En efecto, o centro histórico de Biel/Bienne, aínda que cativo, conserva as súas trazas orixinais, presididas por unha igrexa gótica do século XV. Tamén abundan as fontes profusamente decoradas con todo tipo de flores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]