Saltar ao contido

Garage rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garage rock
 Instancia de
 Subclase de
Datas
 Fundación / creación
1960 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0133_p Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O garage rock é unha forma sinxela e crúa de rock and roll creada por varias bandas de Estados Unidos a mediados dos anos sesenta. Inspirados por bandas da Invasión Británica como The Kinks ou The Who, estes grupos tocaban unha variación destes estilos de música.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O termo "rock de garaxe" ven da percepción de que moitos dos seus intérpretes eran novos e inexpertos, posuían escasa preparación como músicos e a miúdo ensaiaban nun garaxe. A música destas bandas era polo xeral moito menos elaborada que a música que os inspiraba, pero estaba repleta de paixón e enerxía. A maior parte das bandas utilizaban sinxelas secuencias de notas oitavas e quintas debido a que os amplificadores da época posuían moita distorsión a un volume alto, se sobresaturaban e co uso desas notas, xunto cunha batería agresiva e unhas letras pegadizas, evitábase este problema.

Centos de bandas de garaxe apareceron nos Estados Unidos, pero só unha minoría - Shadows of Knight, Count Five, The Seeds, The Standells - tiveron éxito, e a maioría quedaron relegadas ao esquecemento. De feito, case todas as bandas estaban xa esquecidas a comezos dos anos setenta. Aínda que o centro dos Estados Unidos produciu moitos dos exemplos mellor coñecidos do rock de garage, había moitas bandas orixinarias da costa oeste dos Estados Unidos e de Australia, por exemplo Cosmic Psychos.