Jay-Z

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jay-Z
Nome completoShawn Corey Carter
AlcumeJAY-Z, Jay Z, Hov, Hova e El Presidente
Nacemento4 de decembro de 1969
Lugar de nacementoBrooklyn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterTrenton Central High School e George Westinghouse Career and Technical Education High School
Ocupaciónrapeiro, compositor de cancións, produtor musical, executivo dunha discográfica, actor, emprendedor, empresario, investidor, filántropo, axente deportivo, director de cinema, produtor de cinema, deseñador de moda, narcotraficante, compositor e produtor de televisión
PaiAdnes Reeves
NaiGloria Carter
CónxuxeBeyoncé
FillosBlue Ivy Carter, Sir Carter e Rumi Carter
PremiosGrammy Award para melhor desempenho de R&B, Grammy Award para melhor canção de R&B, Grammy Award para melhor desempenho de rap ou cantado, Grammy Award para melhor desempenho de rap e GLAAD Vanguard Award
Na rede
https://lifeandtimes.com e http://www.lifeandtimes.com
IMDB: nm0419650 Allocine: 185605 Allmovie: p277827 TCM: 794703 TV.com: people/jay-z IBDB: 488019
Facebook: JayZ Twitter: sc Instagram: jayz MySpace: jayz Youtube: UC_Bf08Y-3m6CMAvTms3EkKg Souncloud: jay-z-official Spotify: 3nFkdlSjzX9mRTtwJOzDYB iTunes: 1352449404 Last fm: Jay-Z Musicbrainz: f82bcf78-5b69-4622-a5ef-73800768d9ac Songkick: 173376 Discogs: 21742 Allmusic: mn0000224257 Deezer: 1309 Genius: Jay-z Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Shawn Corey Carter, nado o 4 de decembro de 1969 en Nova York, máis coñecido polo sobrenome artístico Jay-Z, é un rapeiro, executivo e empresario estadounidense, antigo director executivo de Def Jam Recordings e Roc-A-Fella Records, é un dos propietarios de The 40/40 Club e dos Brooklyn Nets.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixinario dun barrio de casas baratas en Brooklyn, o seu pai abandonou a familia cando el era cativeiro quedando ó coidado de súa nai. Vendeu máis de 26 millóns de discos desde o seu primeiro álbum Reasonable Doubt en 1996. Coñecido polo seu hábil emprego das metáforas, as súas capacidades para o estilo libre, os seus xogos de palabras, a combinación do hip hop da rúa co comercial e a combinación do rap con elementos do pop, Jay-Z é un dos rapeiros máis respectados. En 2003 anunciou o seu retiro do mundo da música pero volveu en 2006 con Kingdom Come que vendeu 680.000 discos na súa primeira semana. En abril de 2008 asinou un contrato con Live Nation por 150 millóns de dólares, un dos máis caros na historia da música.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Jay Z mantivo unha forte rivalidade co rapeiro Nas nos anos 2000 e 2001, que comezou cando Nas tivo disputas con Memphis Bleek, un protexido de Jay-Z. Varios intercambios musicais aumentaron a tensión, con ambos os artistas lanzándose cancións que incluían sons de disparos. Jay-Z revelou unha relación con Carmen Bryan, a nai da filla de Nas. A pesar do forte enfrontamento, en 2005 compartiron escenario nun concerto.[2]

En 2008 casou coa tamén cantante Beyoncé. Os álbums "Lemonade" de Beyoncé e "4:44" de Jay Z revelaron as crises matrimoniais e infidelidades.[3]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Problemas legais[editar | editar a fonte]

No ano 1999, Jay Z foi acusado de apuñalar a un produtor discográfico, resultando nunha declaración de culpabilidade e evitando a prisión.[4]

Decisións Empresariais[editar | editar a fonte]

A participación de Jay Z en Tidal, un servizo de streaming musical, tamén xerou controversia ao nomear tres CEOs diferentes nun período de só nove meses, o que suscitou preocupacións sobre a estabilidade e a dirección estratéxica da compañía. A pesar de ser lanzado como unha proposta de ser máis "amigable para os artistas" en canto a pagos de regalías, Tidal loitou para gañar tracción e competir eficazmente nun mercado saturado e dominado por outras grandes plataformas.[5]

Activismo e política[editar | editar a fonte]

A súa relación coa NFL e a organización de eventos do Super Bowl foi criticada: Colin Kaepernick, ex quarterback dos San Francisco 49ers, comezou a axeonllarse durante o himno dos EUA en 2016 como forma de protesta contra a inxustiza racial e a brutalidade policial. Jay-Z foi un crítico aberto da NFL e expresou publicamente o seu apoio a Kaepernick, chegando incluso a rexeitar a oferta de actuar no espectáculo de medio tempo do Super Bowl en solidariedade co ex xogador. Porén, en 2019, Jay-Z e a súa empresa, Roc Nation, asinaron un acordo coa NFL para ser os "estrategas de entretemento musical en directo" da liga, unha asociación que tamén incluía contribucións á campaña de activismo social da liga, Inspire Change.[6]

Kaepernick e os seus seguidores expresaron descontento e decepción, cuestionando se Jay-Z comprometera os seus ideais éticos e morais en favor dun lucrativo acordo coa liga de fútbol americano.[7]

Contaminación[editar | editar a fonte]

Jay-Z atopouse no centro dunha polémica relativa á contaminación ambiental cando foi catalogado por celebrityflight.com como unha das tres celebridades cunha maior emisión de CO2, debido ao seu uso extensivo de voos privados, só por detrás de Kim Kardashian e Elon Musk.[8]

Álbums[editar | editar a fonte]

Jay-Z nun concerto en 2006
  • Reasonable Doubt
  • The Life & Times Of S. Carter Vol.1
  • The Life & Times Of S. Carter Vol.2
  • The Life & Times Of S. Carter Vol.3
  • The Dynasty: Roc La Familia
  • The Blueprint
  • MTV Unplugged
  • The Blueprint 2 : The Gift & The Curse
  • The Blueprint 2.1
  • The Black Album
  • Kingdome Come
  • American Gangster

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Greenburg, Z. O. (2015). Empire State of Mind: How Jay-Z Went from Street Corner to Corner Office. Portfolio.
  2. "Jay-Z And Nas Put Beef To Sleep In Onstage Show Of Unity". MTV (en inglés). Consultado o 2023-10-03. 
  3. Morris, Wesley; Wortham, Jenna (2017-07-13). "The Revelations of Jay-Z and Beyoncé". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-10-03. 
  4. "Jay-Z". The Smoking Gun (en inglés). 2010-07-14. Consultado o 2023-10-03. 
  5. Aswad, J. (30 de marzo de 2015). "Jay Z’s Tidal: Madonna, Beyonce, Daft Punk, Alicia Keys Among Artists With Equity in Service". Variety. Consultado o 3 de outubro de 2023. 
  6. "NFL Inspire Change". operations.nfl.com (en inglés e castelán). Consultado o 2023-10-03. 
  7. Hardington, Brooke (2021-12-26). "Inside Colin Kaepernick And Jay-Z's Tense Relationship". Nicki Swift (en inglés). Consultado o 2023-10-03. 
  8. "Celebrity Private Jet Flights & Environmental Impact". CelebrityFlight (en inglés). Consultado o 2023-10-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]