Elvira Bao
Elvira Bao | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Elvira Bao Maceiras |
Nacemento | 1890 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 26 de abril de 1971 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra |
Cónxuxe | Bernardino Varela do Campo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada na mesma cidade o 26 de abril de 1971,[1] foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1906 obtivo o título de Mestra Elemental na Escola Normal da Coruña. Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora.
No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918 e colaborou tamén no seu Cadro de Declamación como actriz. Foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jean. Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público. En 1945 puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Fóra até que un desprendemento de retina lle impediu o exercicio da profesión.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O 8 de marzo de 2017 inaugurouse na Coruña unha praza co seu nome[2] e ao ano seguinte unha residencia universitaria.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Bernardino Varela do Campo en 1923,[4] e foi nai de Elvira e de Bernardino Varela Bao.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4.
- ↑ O alcalde reivindica no Día das Mulleres "a loita contra o feminicidio para non permitir unha soa vítima máis das violencias machistas"
- ↑ "A Residencia Universitaria Elvira Bao xa é unha realidade" Deputación da Coruña.
- ↑ El Progreso, 30-8-1923 agosto 30
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elvira Bao ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Pereira Martínez, Carlos (1998). "Mulleres e República. Aproximación ás asociacións de mulleres progresistas na Coruña republicana" (PDF). Anuario Brigantino (21): 255–290.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Elvira Bao na páxina web Nomes e Voces.
- Elvira Varela Bao (2013). Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
- Obelleiro, María (16/5/2016). "Elvira Varela, testemuña viva das Irmandades: «O que hai agora, todo o que hai, é por elas»" Sermos Galiza.