Saltar ao contido

Beda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bede»)
Modelo:BiografíaDoutor da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Beda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Beda Venerabilis Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 672 Editar o valor en Wikidata
Jarrow (Reino de Northumbria) Editar o valor en Wikidata
Morte735 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Jarrow (Reino de Northumbria) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAnglosaxóns Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhaxiógrafo, escritor, tradutor da Biblia, historiador, escritor de himnos, teólogo, historiador da igrexa, tradutor, poeta, monxe Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCeolfrith (en) Traducir e Bento Biscop (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEgberto de York (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de maio Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX840759 Dialnet: 2362405 Musicbrainz: 21fb64c8-56b7-43d5-ad0c-65b82ab3bdad Discogs: 4236742 Find a Grave: 21856 Editar o valor en Wikidata

Beda, tamén coñecido como San Beda ou Beda o Venerábel, nado cara ao 672 e finado o 27 de maio de 735, foi un monxe que habitou no mosteiro de Saint Peter en Wearmouth (hoxe en día parte de Sunderland), e do seu mosteiro adxunto, Saint Paul, actualmente Jarrow. É coñecido como escritor e erudito, tendo como obra máis coñecida, Historia ecclesiastica gentis Anglorum (Historia Eclesiástica do pobo dos Anglos), que lle valeu o título de "Pai da Historia Inglesa". Beda escribiu sobre moitos outros temas, desde música a relixión.

Case todo o que se coñece sobre a súa vida atópase nun anexo engadido por el na súa Historia (v. 24), no que se di que foi ao mosteiro de Wearmouth aos sete anos de idade e que se converteu en diácono aos 19 e en sacerdote aos 30. Non está clara a súa ascendencia nobre. Foi instruído polos abades Benedict Biscop e Ceolfrid, e posibelmente acompañase a este último a Jarrow en 682. Alí pasou a súa vida, dedicándose a estar sempre ocupado aprendendo, ensinando ou escribindo, sempre celoso coas súas obrigas monásticas. Alí morreu e foi enterrado pero os seus ósos foron trasladados á Catedral de Durham no Século XI.

Beda chegou a ser coñecido como Beda o Venerábel ao pouco de morrer, pero isto non foi tomado en consideración pola Igrexa Católica para a súa canonización. A súa erudición e importancia para o Catolicismo foron recoñecidas en 1899 cando foi declarado Doutor da Igrexa recoñecéndoo como San Beda o Venerábel.

Beda nun manuscrito da Baixa Idade Media.
De natura rerum, 1529

A súa obra mostra que tivo á súa disposición todo o coñecemento da súa época. Estímase que a biblioteca de Wearmouth-Jarrow contaba entre 300 a 500 libros, converténdose nunha das máis extensas de Inglaterra. Parece que Biscop fixo grandes esforzos para recompilar libros nas súas numerosas viaxes. Beda foi moi competente en literatura dos pais da igrexa, de Plinio o Mozo, Virxilio, Lucrecio, Ovidio, Horacio e outros escritores clásicos. Coñecía algo de grego pero non hebreo. O seu latín é claro e sen artificio e foi un habelencioso narrador. Porén, o seu estilo pode ser máis escuro nos seus comentarios bíblicos.

Beda practicou o método interpretativo alegórico, e foi en certo sentido "crédulo" con respecto aos milagres; pero na maioría das ocasións mostrou un bo xuízo brillante, e as súas tendencias bondadosas e tolerantes, o seu amor pola verdade e a xustiza, a súa nada disimulada piedade, e a súa devoción ao servizo dos demais dábanlle un carácter extremadamente atractivo.

Os escritos de Beda están clasificados como científicos, históricos e teolóxicos. Os científicos inclúen tratados de gramática (escritos para os seus pupilos), un traballo de fenómenos naturais (De rerum natura), e dous de cronoloxías (De temporibus e De temporum ratione). Beda fixo un novo cálculo da idade da Terra e comezou a práctica de dividir a era Cristiá en "Antes de Cristo" e "Despois de Cristo". É interesante anotar que Beda escribiu que a Terra era redonda "como unha pelota", en oposición a ser "redonda como un escudo".

De Temporum Ratione

[editar | editar a fonte]

É o seu libro máis importante no que fai ao ámbito historiográfico. Non é un libro propiamente de historia, senón de cronoloxía e cosmoloxía. Neste libro suscítanse os problemas dos calendarios, e o autor intenta estabelecer unha cronoloxía. A súa proposta é a cronoloxía a partir do nacemento de Cristo, despois de analizar todos os calendarios.

Beda tamén expón outros problemas como os derivados das datas litúrxicas cristiás. O seu principal problema radica na Semana Santa, que se debe celebrar na primeira lúa de primavera, xa que a tradición só coñece a data a partir da tradición da Pascua xudía, que era nese momento. El ten que expoñer o problema de facelo na lúa chea ou no domingo seguinte. Isto é, que a primeira vista era un problema sen importancia, no entanto, cobra esta importancia se pensamos que o resto de festas litúrxicas derivan da data na que se celebre a Semana Santa.

En séculos posteriores, será a fonte de moitas herexías.

Historia Ecclesiastica

[editar | editar a fonte]

A máis coñecida das súas obras é a Historia ecclesiastica gentis Anglorum, que inclúe en cinco tomos (preto de 400 páxinas) a historia de Inglaterra, eclesiástica e política, desde os tempos de César ata a data da súa conclusión (731). Os primeiros 21 capítulos, que se ocupan do período anterior á misión de Agostiño de Canterbury, constan dunha compilación de escritores como Orosio, Xildas, Próspero de Aquitania, as cartas da papa Gregorio I e outras, coa introdución dalgunhas lendas e tradicións.

Tras 596 usa fontes documentais que lle custa moito obter, así como testemuños orais que emprega cunha considerábel mirada crítica. Cita sempre as referencias e preocúpase polas fontes das súas fontes, as cales crean unha importante cadea histórica. Adxudícaselle a invención da nota de pé de páxina. Debido a innovacións como esta da nota ao pé acusárono de herexía ante o bispo Wilfred, se ben a acusación real foi de errar no cálculo da idade do mundo, ao ser a súa cronoloxía contraria ao cálculo da época. A controversia está ligada á nota ao pé porque Beda citou a outra fonte nunha nota no canto de opinar el mesmo. Isto fixo que moitos confundisen a importancia de citar as fontes.

Outros traballos históricos e teolóxicos

[editar | editar a fonte]

A súa reedición da Vulgata tivo unha importancia capital e mantívose como a versión oficial da Biblia para toda a cristiandade occidental ata a Reforma protestante e foi utilizada pola igrexa católica ata 1966.

No canto de copiar doutras fontes, el investigaba a partir de fontes distintas para crear biblias nun só volume, práctica moi pouco habitual na época: con anterioridade a Biblia circulara en forma de libros separados. Pode ser que este labor de Beda exerza unha influencia moito maior que a súa Historia dos ingleses. Traballou ademais en traducións de partes da Biblia ao inglés antigo, pero desafortunadamente non chegaron aos nosos días.

As súas restantes obras históricas inclúen as vidas dos abades de Wearmouth e Jarrow, así como a vida en verso e prosa de Cuthbert de Lindisfarne. Os seus escritos máis numerosos son os teolóxicos e consisten en comentarios de libros do Antigo e Novo Testamento, homilías e tratados sobre partes concretas das Escrituras.

As súas últimas obras, completadas no leito de morte, foron unha tradución ao inglés antigo do Evanxeo de Xoán e quizais unha poesía vernácula sobre o Xuízo Final.

Poesía vernácula

[editar | editar a fonte]
Opera Bedae Venerabilis, 1563

Segundo o seu discípulo Cuthbert, Beda tamén foi doctus in nostris carminibus ("experto nos nosos cantares"). Enténdese ademais que a carta de Cuthbert á morte de Beda, a Epistola Cuthberti de obitu Bedae, indica que Beda tamén compuxo un poema vernáculo de cinco versos coñecido entre os estudosos modernos como A Canción de Morte de Beda (texto e tradución Colgrave e Mynors 1969):

Canebat autem sententiam sancti Pauli apostoli dicentis “Horrendum est incidere in manus Dei uiuentis,” et multa alia de sancta scriptura, in quibus nos a somno animae exurgere praecogitando ultimam horam admonebat. In nostra quoque lingua, ut erat doctus in nostris carminibus, dicens de terribili exitu animarum e corpore:
A morte de San Beda.
Fore ðæm nedfere nænig wiorðe
ðonc snottora ðon him ðearf seæ
to ymbhycgenne ær his hinionge
hwæt his gastæ godes ouððe yfles
æfter deað dæge doemed wiorðe.
E adoitaba repetir aquela frase de Paulo de Tarso "Cousa temíbel é caer nas mans do Deus vivo", e moitos outros versículos das Escrituras, aprestándonos con eles a espertarmos do sono da alma meditando sobre a última hora. E no noso propio idioma,—pois coñecía a poesía inglesa,—falando do terríbel abandono da alma do corpo:
Ao afrontar esta viaxe ineludíbel, ningún home pode ser
Máis prudente que o que de natura pode selo,
Se é que considera, antes de partir de aquí,
O que ao seu espírito para ben ou para mal
Tralo día da súa morte lle está preparado.

Con todo, como observa Opland, non está totalmente claro que Cuthbert atribúa este texto a Beda: a maioría dos manuscritos da carta non utilizan un verbo finito para describir a presentación da canción de Beda, e o tema era relativamente común na literatura do antigo inglés e do anglo-latín. O feito de que a descrición de Cuthbert coloque a produción do poema en antigo inglés no contexto dunha serie de pasaxes citadas das Sagradas Escrituras podería ser certamente tido como proba de que simplemente Beda tamén citaba textos vernáculos análogos (véxase Opland 1980, 140-141). Por outra banda, a inclusión do texto en inglés antigo do poema na carta en latín de Cuthbert, a observación de que Beda "era experto nos nosos cantares" e o feito de que Beda compuxese un poema en latín sobre o mesmo tema, son datos que parecen indicar a súa relación co poema vernáculo foi maior que a dunha simple cita. Ao citar o poema directamente, Cuthbert parece estar implicando que a súa composición específica era importante dalgunha maneira, ben como un poema vernáculo adscrito a un estudoso que polo xeral parece desdeñar o entretemento segrar (véxase McCready 1994, esp. 14-19) ou como unha cita directa da última composición orixinal de Beda (véxase Opland 1980, 140-141, para un comentario dalgunhas das implicacións deste episodio).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Colgrave, Bertram and R.A.B. Mynors, eds. Bede's Ecclesiastical History of the English People (Oxford, 1969).
  • McCready, William D. Miracles and the Venerable Bede. Studies and Texts: Studies and Texts (Pontifical Institute of Mediaeval Studies), 118 (Toronto: Pontifical Institute of Mediaeval Studies, 1994).
  • Opland, Jeff Anglo-Saxon Oral Poetry: A Study of the Traditions (New Haven e Londres, 1980).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]