Moianès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da comarca en Cataluña.

O Moianès é unha comarca da provincia de Barcelona, situada no centro de Cataluña. A súa capital é Moià. Era unha comarca histórica e o Parlamento de Cataluña aprobou a súa creación como comarca administrativa o 15 de abril de 2015.

A comarca limita polo norte e leste con Osona, polo oeste co Bages, polo sur co Vallès Occidental e polo sueste co Vallès Oriental.

Concellos[editar | editar a fonte]

A comarca está formada por 10 concellos que pertencían administrativamente a tres comarcas diferentes antes da creación do Moianès: o Bages, Osona e o Vallès Oriental.

Concello Poboación (2014)
(hab.)
Calders 949
Castellcir 718
Castellterçol 2.400
Collsuspina 338
l'Estany 407
Granera 80
Moià 5.760
Monistrol de Calders 695
Sant Quirze Safaja 644
Santa Maria d'Oló 1.065
13.056

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]