Institute of Space and Astronautical Science
| Institute of Space and Astronautical Science | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Matriz
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |

Institute of Space and Astronautical Science (Instituto de Ciencia Espacial e Astronáutica) ou ISAS é unha organización xaponesa para a investigación en astrofísica e astronomía usando naves espaciais e para a investigación planetaria.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]O ISAS foi fundado en 1964 na Universidade de Tokyo. Uns anos antes, en 1955, a universidade comezou a desenvolver foguetes sonda capaces de chegar aos 60 km de altura, participando no Ano Xeofísico Internacional. En 1970 o ISAS encargouse de lanzar o primeiro satélite xaponés con éxito a órbita, o Ohsumi, mediante un foguete L-4S. A partir de entón encargouse de diferentes misións en diferentes ámbitos, desde foguetes sonda a observatorios espaciais (como Ginga), pasando por misións lunares como HITEN ata misións de retorno de mostrar como Hayabusa.[1][2]
En 2003 ISAS fusionouse coas organizacións NASDA e NAL para formar a axencia JAXA.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Institute of Space and Astronautical Science |