Suzaku
Suzaku (Astro-EII) | |
---|---|
Suzaku / Astro-EII | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | JAXA |
Data de lanzamento | 10 de xullo de 2005[1][2] |
Foguete portador | M-V[2][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][4] |
Obxectivo da misión | Observación en raios X |
NSSDC ID | 2005-025A |
Masa | 1600 kg[2] |
Potencia | 500 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6939,5 km[1] |
Inclinación | 31,4 graos[1] |
Apoapse | 573,1 km[1] |
Periapse | 563,9 km[1] |
Suzaku (en xaponés, Fénix Bermellón do sur[5]), denominado ASTRO-EII ou ASTRO-E2 antes do lanzamento, foi un observatorio espacial xaponés de raios X pertencente á JAXA. Foi lanzado o 10 de xullo de 2005 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).
Características
[editar | editar a fonte]Suzaku foi a substitución de ASTRO-E, perdido nun lanzamento errado o 10 de febreiro de 2000 por problemas co foguete lanzador, un M-V.
É o quinto satélite de astronomía de raios X do Xapón e o rango de enerxías que pode observar vai de 0,3 keV a 700 keV. O seu obxectivo é a obtención de medicións precisas de procesos de alta enerxía en estrelas, remanentes de supernova, galaxias e grupos de galaxias e do contorno das estrelas de neutróns e buratos negros.[2]
Leva a bordo catro experimentos:[2][3]
- XIS (X-ray Imaging Spectrometer, espectrómetro de imaxes en raios X)
- XRS (X-ray Spectrometer, espectrómetro de raios X)
- HXD (Hard X-ray Detector, detector de raios X duros)
- XRT (X-Ray Telescope, telescopio de raios X)
O 29 de xullo de 2005 o satélite sufriu un problema no seu sistema de refrixeración que levou á perda de toda a reserva do helio líquido de a bordo o 8 de agosto dese mesmo ano. A perda do refrixerante inutilizou o instrumento XRS, pero non afectou ó resto.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "ASTRO E2" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (8 de xullo de 2011). "Suzaku" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astro E, E2 (Sazuka)" (en inglés). Consultado o 14 de xullo de 2011.
- ↑ Mark Wade (2018). "Astro-E" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ すざく(朱雀、Suzaku) 命名の理由, JAXA