Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics
ASCA.jpg
ASCA / Asuka
Tipo Observatorio espacial en raios X.
Organización JAXA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 20 de febreiro de 1993[1][2][3]
Foguete portador M-3S-2[2][4]
Sitio de lanzamento Centro espacial de Kagoshima[2]
Duración da misión 9 anos
Obxectivo da misión Observación do ceo en raios X.[2]
Decaemento 2 de marzo de 2001[1]
NSSDC ID 1993-011A
Masa 420 kg[2][4]
Potencia 602 W[2]

Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics, tamén coñecido polo seu acrónimo ASCA, como ASTRO-D e polo nome de Asuka (co significado de "páxaro voador")[2][4][5], foi un observatorio espacial xaponés lanzado o 20 de febreiro de 1993 mediante un foguete M-3S-2 desde o centro espacial de Uchinoura.[6]

Características[editar | editar a fonte]

ASCA foi a cuarta misión xaponesa no campo da astronomía de raios X e a segunda na que Estados Unidos colaborou con parte da carga científica.[6] A órbita inicial do satélite tiña unha inclinación de 31,1 graos, un apoxeo de 622 km e un perixeo de 524,6 km.[3]. O 14 de xullo de 2000, tras unha tormenta magnética que produciu unha expansión imprevista das capas superiores da atmosfera terrestre, o satélite perdeu o control sobre a súa actitude debido ó aumento do rozamento coas capas altas da atmosfera. Como consecuencia, os paneis solares deixaron de apuntar cara o Sol, producíndose unha descarga das baterías. ASCA reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 2001 ás 5:21 UT.[2][1][4][6][7]

A NASA obtivo un 15% do tempo de observación polas súas achegas á misión.[2]

Misión[editar | editar a fonte]

O obxectivo de ASCA era facer observacións espectroscópicas en raios X na banda de enerxías de entre 1 e 12 keV, en especial a liña K do ferro. Adicouse tamén a obter imaxes da estrutura de fontes extensas como cúmulos de galaxias e remanentes de supernovas.[2]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

ASCA levaba catro telescopios idénticos cun área total efectiva de 1300 cm2 a 1 keV e de 600 cm2 a entre 6 e 7 keV. A NASA colaborou aportando catro espellos multicapa cónicos de incidencia rasante e dous detectores CCD proporcionados polo MIT. Xapón aportou os IGSPC (imaging gas scintillation proportional counters), contadores proporcionais de escintileo, a nave, o vehículo lanzador e as estacións terrestres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "ASTRO D (ASUKA)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://n2yo.com/satellite/?s=22521. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "ASCA" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1993-011A. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 8 April 1993 from the Permanent Representative of Japan to the to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-22002 (E)). 16 de abril de 1993. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=483. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Astro D (ASCA, Asuka)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/astro-d.htm. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  5. "ASCA (Advanced Satellite for Cosmology and Astrophysics)" (en inglés). The Encyclopedia of Science. 2011. http://www.daviddarling.info/encyclopedia/A/ASCA.html. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "ASCA" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/asca.htm. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  7. "ASCA Reentry" (en inglés). 2011. http://heasarc.nasa.gov/docs/asca/reentry.html. Consultado o 25 de agosto de 2011.