Saltar ao contido

Tenma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ASTRO-B»)
Tenma (Astro-B)
Tenma / Astro-B
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento20 de febreiro de 1983[1][2]
Foguete portadorMu (M-3S-3)
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[2]
Duración da misión5,8 anos[1]
Obxectivo da misiónObservación en raios X
Decaemento17 de febreiro de 1988[1]
NSSDC ID1983-011A
Masa216 kg[2][3]

Tenma (en xaponés, Pegaso[4]), denominado ASTRO-B antes do lanzamento, foi un observatorio espacial xaponés de raios X pertencente á JAXA. Foi lanzado o 20 de febreiro de 1983 mediante un foguete Mu desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima) e reentrou na atmosfera o 17 de febreiro de 1988.

Características

[editar | editar a fonte]

Tenma foi o segundo satélite de astronomía de raios X do Xapón e o rango de enerxías que podía observar ían de 0,1 keV a 60 keV. Os seus obxectivo foron a obtención de espectros de fontes de raios X con boa resolución, o estudo das variacións temporais das fontes de raios X, a busca por todo o ceo de explosións de raios X e a observación de fontes de raios X suaves cun telescopio reflector.[2]

Levaba a bordo catro instrumentos:[3][4]

  • Contadores proporcionais de centelleo de gas
  • Telescopio de transformada de Hadamard
  • Monitor de raios X para todo o ceo
  • Telescopio reflector de raios X

O satélite podía xirar a velocidades de 0,546, 0,137 ou 0,068 revolucións por minuto coa axuda dun volante de inercia. O eixe de xiro podía axustarse mediante torsión magnética.

Resultados

[editar | editar a fonte]

Tenma descubriu a liña de emisión do ferro no disco galáctico, así como noutros corpos, como galaxias de núcleo activo. Descubriu tamén unha liña de absorción a 4 keV no espectro da explosión X1636-536.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "TENMA (ASTRO B)" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA (8 de xullo de 2011). "Tenma" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astro B (Tenma)" (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 NASA (2011). "The Tenma [Astro B] Satellite" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2011.