Avianca
Avianca Aerovías del Continente Americano S.A. | ||
---|---|---|
IATA AV | OACI AVA | Indicativo AVIANCA |
Fundación | 5 de decembro de 1919 (como SCADTA) | |
Aeroporto principal | Aeroporto Internacional El Dorado | |
Plan de voo frecuente | LifeMiles | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 86 | |
Destinos | 100 | |
Holding | Synergy Group | |
Páxina web: http://www.avianca.com/ |
Avianca S.A. (acrónimo de Aerovías Nacionales de Colombia S.A., actualmente Aerovías del Continente Americano S.A.) é a aeroliña nacional de Colombia. Fundouse o 5 de decembro de 1919, cando inicialmente rexistrouse baixo o nome de SCADTA. A súa sede atópase en Bogotá, estando o seu principal centro de operacións no Aeroporto Internacional El Dorado. Avianca é tamén unha marca que abrangue un grupo de sete aeroliñas latinoamericanas con códigos IATA independentes, que combinan as súas operacións para funcionar como unha compañía usando un sistema de códigos compartidos. Avianca é a aeroliña máis grande de Colombia e a segunda de Latinoamérica: xunto coas súas subsidiarias ten a rede máis extensa de destinos de toda Latinoamérica e unha das frotas máis grandes e modernas do continente. É propiedade de Synergy Group S.A., un grupo latinoamericano fundado por Germán Efromovich e especializado no transporte aéreo.
O 7 de outubro de 2009 anunciouse que Avianca fusionaríase con TACA.[1] En 2009 Avianca celebrou o seu 90 aniversario sendo a segunda aeroliña máis antiga do mundo aínda operativa (tras KLM).
O 21 de xuño de 2012, Avianca foi presentada como membro oficial da Star Alliance tras un proceso que durou uns 18 meses dende o anuncio inicial de ser invitada a unirse á alianza.[2]
Frota
[editar | editar a fonte]Avión | En servizo | Pedidos | Opcións | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total | |||||
ATR 42 | 9 | — | — | — | 48 | 48 | 4 avións van ser vendidos |
ATR 72-600 | 7 | 5 | — | — | 68 | 68 | |
Airbus A318-100 | 10 | — | — | 12 | 88 | 100 | |
Airbus A319-100 | 25 | 23 | — | 12 | 108 | 120 | |
Airbus A320-200 | 54 | 18 | — | 12 | 138 | 150 | 5 equipados con Sharklets |
Airbus A320neo | — | 33 | — | ||||
Airbus A321-200 | 5 | 10 | — | 12 | 182 | 194 | Equipados con Sharklets |
Airbus A330-200 | 11 | 9 | — | 30 | 222 | 252 | Un alugado a TACA |
Airbus A350-900 | — | 10 | 10 | Primeira entrega programada para 2018 a Avianca Brasil. | |||
Boeing 787-8 | 1 | 14 | 5 | Primeira entrega programada para outubro de 2014. | |||
Cessna 208 | 10 | — | — | — | 12 | 12 | |
Embraer 190 | 12 | 3 | — | 8 | 88 | 96 | |
Total | 141 | 126 | 15 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flightglobal (ed.). "Avianca confirms 'strategic merger' with TACA". Consultado o 19 de setembro de 2014.
- ↑ Star Alliance (ed.). "Avianca-TACA and Copa Airlines to join Star Alliance". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xullo de 2014.