Río Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Paraguai
Río Paraguay
Rio Paraguay.jpg
O río Paraguai cerca de Asunción.
País Flag of Brazil.svg Brasil
Flag of Bolivia.svg Bolivia
Flag of Paraguay.svg Paraguai
Flag of Argentina.svg Arxentina
Nacemento Municipio de Alto Paraguai, Mato Grosso (Brasil)
Lonxitude 2 625 km
Conca 3 200 000 km²
Caudal medio 4.300 /s
Desembocadura Río Paraná
Curso do río Paraguai dentro da conca do río da Prata.

O río Paraguai (en castelán, río Paraguay) é un dos principais ríos de América do Sur, o principal afluente do río Paraná e un dos máis importantes da conca do Prata.

Nace en Brasil, no concello de Alto Paraguai, no estado do Mato Grosso, discorre brevemente por Bolivia, cruza Paraguai e, no seu treito final, serve de límite entre este último país e a Arxentina, até desaugar no río Paraná fronte á localidade arxentina de Isla del Cerrito (provincia del Chaco).

É a principal arteria fluvial da rexión, en especial de Paraguai. A súa conca, que ten unha superficie de 1 168 540 km², está entre as 20 maiores da Tierra.[1] Ten unha lonxitud total de 2625 km, o que o sitúa tamén entre os 40 ríos máis longos do mundo.[2]

O seu curso alto forma en gran parte as maiores zonas húmidas de América: os Bañados de Otuquis e o Gran Pantanal, que actúa como un xigantesco regulador do seu caudal e, á súa vez, do caudal do río Paraná.

O seu nome é de orixe guaraní: o sufixo -ay significa "río", mientres que o significado do prefixo para- non está esclarecido; probabelmente sexa unha mutación de payaguá, nome pexorativo co que os guaranís apelaban aos integrantes dunha etnia de indíxenas do Chaco e o actual Paraguai Oriental, que contra o século XVI habitaba na zona de confluencia dos actualmente chamados ríos Paraná e Paraguai. Polo tanto, o significado máis probábel sexa "río dos payaguás".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geo-data: The World Geographical Encyclopedia / John F. McCoy, project editor, Thomson Gale, 3ª ed. 2002. Páx. 616.
  2. Op. cit.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.