Astérix o galo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Astérix o galo
Título orixinalAstérix le Gaulois
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
OrixeFlag of France.svg Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Hachette
Galicia Editorial Salvat
Data de pub.Francia 29 de outubro de 1959
Galicia 1977
FormatoTapas duras
Páxinas48
ISBNISBN 978-84-216-8535-8
Seguido porAstérix e a fouce de ouro
Tradución1ª tradución: Eduardo Blanco Amor
2ª tradución: Antonio Pichel
3ª tradución: Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto

Asterix o galo[1] (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Xa conquistada a Galia polos romanos, hai unha aldea que resiste grazas a que os seus habitantes empregan unha beberaxe máxica que lles dá unha forza sobrehumana. Ao saberen o segredo da resistencia, os lexionarios dun campamento achegado á aldea capturan o vello druída que prepara a apócema, e o guerreiro principal do poboado vai rescatar o ancián.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Astérix – Guerrero galo, heroe das aventuras.
  • Obélix – Repartidor de menhires. Amigo de Astérix.
  • Panorámix – Druída da aldea. Fabrica a apócema máxica.
  • Abraracúrcix – xefe da tribo gala.
  • Asurancetúrix – Bardo da aldea.
  • Caius Bonus – Centurión romano a cargo do campamento en Petibónum.
  • Marcus Sacapus - Segundo xefe romano, axudante de Caius Bonus.
  • Calígula Minus - Lexionario romano que fai de espía na aldea gala.
  • Xulio César – Emperador do Imperio Romano.

Edicións[editar | editar a fonte]

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977.[3][4][5][6] En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo[7] En novembro de 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Culturagalega.gal (ed.). "Banda deseñada - Astérix o galo". Consultado o 18 de abril de 2018. 
  2. Bernard de Choisy, Uderzo-Storix, Jean-Claude Lattès, 1991, p.154
  3. Ficha en BiTraGa.
  4. "El BNG reclama la traducción al gallego de los tebeos de Astérix", El País, 16 de agosto de 2007 (en castelán).
  5. "40 anos de Astérix en galego", GCiencia, 5 de xaneiro de 2016.
  6. "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais", Edicións Xerais, 13 de outubro de 2017.
  7. Ficha en BiTraGa.
  8. Ficha en BiTraGa.