Saltar ao contido

Artur Bordalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArtur Bordalo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Lisboa Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBordalo II
Bordalo Segundo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, grafiteiro, artista visual, escultor Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016MURO - Festival de Arte Urbana Lx 2016 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Sitio webbordaloii.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: BORDALOII Instagram: b0rdalo_ii LinkedIn: artur-bordalo-43b784119 Editar o valor en Wikidata
"Plastic Mero" (2019) Funchal

Artur Bordalo, máis coñecido polo alcume artístico Bordalo II ou Bordalo Segundo, nado en Lisboa en 1987[1][2], é un grafiteiro e artista plástico portugués. É neto do tamén pintor Artur Real Chaves Bordalo da Silva[2][3], coñecido como Bordalo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa[2].

A súa arte baséase no emprego de residuos urbanos, guiado polo aforismo «o lixo dun pode ser o tesouro doutro»[2]. Tomando como punto de partida o graffiti, empregando pintura en spray, usa obxectos abandonados, desperdicios e refugallos procedentes de obras, ruínas de edificios, coches e fábricas, entre outros, mesturándoas e re-ensamblándoas para crear un novo obxecto artístico. Pretende deste xeito denunciar unha sociedade «extremadamente consumista, materialista e avariciosa» e promover a «sustentabilidade, conciencia ecolóxica e social»[4]. Como consecuencia, os seus graffitis son tridimensionais, superando en moitas ocasións os límites do plano do lenzo, converténdose en baixorrelevos e altorrelevos.

Características da súa obra son o emprego de cores rechamantes. Na temática, gran parte das súas instalacións representan animais (mapaches, raposos, cervos, peixes, bufos, cans, garzas, periquitos, ourizos, flamengos, saltóns, bolboretas, papagaios, lagartas, gatos, suricatas, picapeixes, abellas etc.), que adoitan ser dispostas en diferentes espazos e superficies (habitualmente paredes e muros). Esta serie chámaa "Big Trash Animals", e dela di que «é unha serie en que eu uso lixo e desperdicio urbano para construír imaxes de animais, e a idea por detrás diso é construír imaxes da vítimas con aquilo que os destrúe»[5]. Outra boa parte da súa obra emprega as vías férreas como estrutura de fondo para elaborar os seus graffitis, neste caso habitualmente bidimensionais, nunha serie chamada "Railroad Tracks". Outras series temáticas de Bordalo II son "World Gone Crazy" e "Provocative Street Art".

As súas obras poden ser encontradas en Lisboa, Covilhã, Estarreja, Águeda (Portugal), Roma, Turín, Este (Italia), París (Francia) e Santiago de Chile[6].

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Individuais

[editar | editar a fonte]
títuloanogalería / eventolugar
Tornar o banal original[7]2011Montana Shop & GalleryPortugal Lisboa
System Boys[8]2013Outsiders FactorySuíza Lausana
World Gone Crazy[9]2014Arte PeriféricaPortugal Lisboa
Pânico, drama, terror[10]2015Arte PeriféricaPortugal Lisboa

Colectivas

[editar | editar a fonte]
eventoanolugar
Walk&Talk Street Art Festival[11]2013Portugal Ponta Delgada
Wool Urban Art Festival[12][13]2014Portugal Covilhã
Smart Travel Festival[14]2014Portugal Braganza
O Bairro i o Mundo Festival[15][16]2014Portugal Loures
Armazéns do Chiado Art Meeting2014Portugal Lisboa
Elementi Sotterranei Street Art Festival2014Italia Gemona del Friuli
Montana Shop & Gallery "Mar Motto"2014Portugal Lisboa
Life is Beautiful Festival2015 Las Vegas
Nuart Festival2015 Stavanger
From Trash to Art2015Azerbaidján Bakú
Graffiti Street Underground2015Inglaterra Londres
Urban Forms Festival2015Polonia Łódź
Ocean Climax Festival2015Alemaña Berlín
Agitágueda2015Portugal Águeda
Observaria2015Portugal Estarreja
  1. ↑ "About". bordaloii.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-05-2017. Consultado o 29-5-2017. I was born in Lisbon, 1987
  2. 1 2 3 4 "Bordalo II – quando o lixo se torna arte". arquitecturaportuguesa.pt (en portugués). 1-5-2015. Arquivado dende o orixinal o 24-11-2017. Consultado o 29-5-2017.
  3. ↑ Mariana Pereira (11-2-2017). "Bordalo II: "Estou a criar imagens com o que destrói o mundo"". Diário de Noticias (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2017.
  4. ↑ "About". bordaloii.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16-05-2017. Consultado o 29-5-2017. I belong to a generation that is extremely consumerist, materialist and greedy. With the production of things at its highest, the production of "waste" and unused objects is also at its highest. "Waste" is quoted because of its abstract definition: "one man's trash is another man's treasure". I create, recreate, assemble and develop ideas with end-of-life material and try to relate it to sustainability, ecological and social awareness
  5. ↑ Magnetica Magazine (5-5-2016). "Strongbow - Bordalo II, LX Factory". YouTube (en portugués). Consultado o 29-5-2017.
  6. ↑ "Plastic Lama" en Santiago de Chile, publicado en Facebook o 2-11-2018.
  7. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (17-11-2011). "“System Boys” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  8. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (10-3-2013). "“Tornar o banal original” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  9. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (27-1-2014). "“World gone crazy” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  10. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (1-6-2015). "“Pânico, Drama, Terror” by Bordalo II". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  11. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-7-2013). "Walk & Talk 2013 coming". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  12. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (12-11-2014). "WOOL 2014". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  13. ↑ Stick2Target. Urban Art from Portugal, ed. (18-11-2014). "WOOL 2014 on residence". stick2target.com (en inglés). Consultado o 29-5-2017.
  14. ↑ Lusa (28-11-2014). "Smart Travel junta estrategas internacionais e mostra Nordeste Transmontano". Público (en portugués) (Lisboa (Portugal)). Consultado o 29-5-2014.
  15. ↑ Emanuel J.C. Costa (14-12-2014). "Loures. Quinta do Mocho uma galeria de arte urbana". Blog de Emanuel J.C. Costa (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07-04-2016. Consultado o 29-5-2017.
  16. ↑ bizarrebeyondbelief (27-11-2014). "Bordalo ii – Grey Heron". Bizarre Beyond Belief (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17-02-2017. Consultado o 29-5-2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]