Antonio Reigosa
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1958 (66 anos) Zoñán, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Premios | |
| |
Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo.[2]
Colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas.
É o cofundador de Chaira,[3] Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán Ramiro Cuba, ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.
Relator en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.
Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada[4][5]. Membro do “Comité de Expertos en investigación de campo” do proxecto Corpus de Literatura Oral.[6]
Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004 e da revista oral de periodicidade semestral A voz dos carraos editada polo Museo Provincial do Mar desde 2006, Castronela (Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol) e A voz dos lemavos (Museo Pazo de Tor). Como vogal responsable de literatura de tradición oral da AELG coordina os proxectos “Polafías” e “Mestres da memoria” creados para documentar e divulgar os valores da oralidade e da cultura popular.[7]
Tamén é colaborador de El Progreso[8].
En xaneiro de 2015 foi nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo pola corporación municipal dese concello.[9]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]É autor, ou coautor, de arredor de 40 títulos de textos literarios ou de investigación entre os que salientan:
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Memorias dun raposo (1998). Xerais. 144 páxs. Ilustracións de Manolo Uhía. ePub: ISBN 978-84-9914-785-7.
- Resalgario (2001). Xerais, Merlín. 104 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez.
- O galo avisado e o raposo trampulleiro (2003) Xerais, Merliño. 32 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas.
- Bacoriño (2004). Xerais. Ilustracións de Andrés Meixide. 136 páxs.[10]
- A raposa no galiñeiro (2004). Deputación de Lugo.
- A escola de Briador (2006). Everest Galicia. 120 páxs.
- A noite dos pesadelos (2006). Ed. Tambre (Edelvives). 94 páxs.
- O polimacho e outras criaturas (2008). Ed. Tambre (Edelvives). 84 páxs.
- Lu e Go pola muralla (2010). Ed. Obradoiro. 144 páxs.
- O aprendiz de home do saco (2013). Xerais, Merliño. 40 páxs. Ilustracións de Marta Álvarez.
- O raposo aviador que voa sen motor (2019). Xerais, Merlín. 40 páxs. Ilustrcións de Laura Cortés.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (2008). Morgante. Ilustracións Saúl Blanco.
- Contrahistorias de Galicia (2020). Embora. 112 páxs. Ilustracións de Rita Gutiérrez.[11]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Guía ilustrada da Galicia invisible (2010). Xerais. 104 páxs. Ilustracións de Noemí López
- Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (2011). Xerais. Ilustracións Noemí López. 160 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-319-2.
- Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías (2014). Xerais. 240 páxs. Ilustracións de Noemí López. ePub: ISBN 978-84-9914-853-3.
- Celebracións de Mondoñedo. Pregóns, estampas, retratos e artivos varios (2006-2016) (2017). Embora. 239 páxs.
- Guía de campo da Galicia encantada. Dos seres míticios e dos lugares que habitan (2020). Xerais. Ilustracións de Noemí López. 264 páxs. ePub: ISBN 978-84-9121-655-1.
- Cen historias máxicas pola Mariña Encantada (2020). Lar. 200 páxs. ISBN 978-8494930867.[12]
- Episodios mindonienses (2021). Embora. 217 páxs. ISBN: 978-84-17824-53-2
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Polavila na Pontenova (1998). Deputación de Lugo.
- Contos para levar no peto (2001). Xerais. 104 páxs.
- Manuel María (2001). Ophiusa.
- Ninguén está só. 21 autores a prol dos dereitos humanos. Amnistía Internacional (2001). Tris Tram. 139 páxs.
- Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. 240 páxs.
- Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Ir Indo. 328 páxs.
- Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Deputación de Lugo. Con Xoán Ramiro Cuba.
- Contos de medo no museo (2005). Museo Provincial de Lugo.[13]
- Balada do neno cego, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009) (2011). Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- Crónicas das San Lucas (2015-2020) (2020). Asociación As San Lucas.
- Con Xosé Miranda
- Colección Cabalo Buligán. 20 volumes (1998-2003). Xerais. Contos da tradición oral.
- Contos fantásticos. I e II (2001). Xerais.
- Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002). Xerais. 128 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide.
- Contos de encantamento. I e II (2002). Xerais.
- Máis contos de animais. I e II (2002). Xerais.
- Contos de parvos e pillos. I e II (2003) Xerais.
- Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror (2004). Xerais. 168 páxs. Ilustracións de Álvaro García Lema.
- Contos prodixiosos. I e II (2004) Xerais.
- A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas (2006). Xerais. 176 páxs. Ilustracións de Ramón Trigo.
- Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010), 2011, AELG.
- Con Xoán Ramiro Cuba e Xosé Miranda
- Contos marabillosos. I e II (1998). Xerais.
- Contos marabillosos. III e IV (1999). Xerais.
- Dicionario dos seres míticos galegos (1999). Xerais. 240 páxs. Ilustracións de Lázaro Enríquez. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
- Contos de maxia. I, II, III e IV (2000). Xerais.
- Antoloxía do conto de tradición oral (2001) Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
- Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001) Xerais.
- Contos de animais. I e II (2001). Xerais.
- Pequena mitoloxía de Galicia (2001). Xerais. 112 páxs. Ilustracións de Irene Fra Gálvez, Fino Lorento, Enjamio, Teresa Novoa.
- Lendo lendas, digo versos (2015). Xerais. 168 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas.
- Con Lois Pérez
- Letra das Festas (2011-2020). A revista oral do San Froilán (2021). Concello de Lugo.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Cuentos y leyendas de Galicia (2012). Anaya.
Premios
[editar | editar a fonte]- Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura (1987).
- Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por O sumidoiro calcarrúas.
- Premio Merlín no 1998, por Memorias dun raposo.
- Premio Supernova (1999).
- Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil o ano 1999 con Memorias dun raposo
- Premio Raíña Lupa (2000), por Resalgario.
- Lucense do Ano (2002) pola Asociación de Prensa, Radio e Televisión da provincia de Lugo.
- I Premio Literario Frei Martín Sarmiento (Categoría de 11 a 13 anos) no 2004, por Contos de parvos e pillos. I. Con Xosé Miranda.
- 2006: Premio de Comunicación, da Asociación Cultural María Castaña de Lugo, pola web Galicia Encantada.
- 2013: Premio Irmandade do Libro (XXII edición), modalidade Fomento da Lectura, da Federación de Libreiros de Galicia, pola web Galicia Encantada.
- Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.
- 2108, 2019: Coa web Galicia Encantada, finalista dos Premios Gala do Libro Galego, modalidade “Proxecto literario na rede”.
- 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego[14] por “Proxecto literario na rede”.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Reigosa Carreiras Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "Antonio Reigosa - Anaya Infantil y juvenil". www.anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). Consultado o 2020-07-18.
- ↑ Galiciaencantada.com
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "Antonio Reigosa Caderno de campo de Antonio Reigosa". Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "Antonio Reigosa". www.aelg.gal. Consultado o 2020-07-18.
- ↑ Lugo, El Progreso de. "El Progreso de Lugo: Periódico líder de Lugo y su Provincia". El Progreso de Lugo. Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "RECORDANDO A CUNQUEIRO 35 AÑOS DESPUÉS DE SU FALLECIMIENTO • ALUMNOS DEL COLEGIO Y DEL INSTITUTO DE MONDOÑEDO (LUGO) PARTICIPARON AYER EN LA LECTURA PÚBLICA DE SU SINBAD" (en castelán). Consultado o 2020-07-18.
- ↑ "Bacoriño Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-07-18.
- ↑ Nicolás, Ramón (2020-08-20). "Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa (ilustracións de Rita Gutiérrez)". Caderno da crítica. Consultado o 2020-08-20.
- ↑ Redacción (2020-08-17). "Antonio Reigosa: “Perdimos a nosa capacidade para interpretar o simbólico”". Xornal da Mariña. Consultado o 2020-08-18.
- ↑ "Contos Museo copia" (PDF). redemuseisticalugo.org.
- ↑ "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Francisco Mayán |
Cronista de Mondoñedo 2015 - actualidade |
Sucesor: No cargo |