Museo Provincial do Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Museo Provincial do Mar
CidadeCervo
editar datos en Wikidata ]

O Museo Provincial do Mar é un museo da rede provincial de Lugo con temática relacionada co mar e sede en San Cibrao, Lieiro, Cervo.

Introdución[editar | editar a fonte]

Pertencente á rede museística provincial que posúe a Deputación de Lugo[1], o Museo Provincial do Mar en San Cibrao foi xestándose de mans de Francisco Rivera Casás dende 1969 ata converterse nunha entidade pública no ano 1994. Dende os seus comezos reflectiu a historia e a vida mariñeira da costa lucense, amosando a súa riqueza biolóxica e etnográfica[2].

Visita ó Museo do Mar de S. Cibrao pola AVV O Tesón
Visita ó Museo do Mar pola AVV O Tesón

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio do Museo Provincial do Mar foi construído en 1931 como escola por encargo de José María Montenegro e da súa muller Manuela Goñi Maíste, emigrantes na Arxentina, de granito, cunha estrutura típica das escolas daquel tempo: unha á para rapaces e outra para rapazas[3].

En 1969, o mestre Francisco Moisés Rivera Casás e seus alumnos, xunto coa mestra e as súas alumnas[3] converteron as escolas nun museo no verán. Comezou así un traballo de compilación de obxectos ligados ao mar. A partir de 1994, o Museo Provincial do Mar estivo xestionado pola Asociación de Veciños Cruz da Venta[2]. Nese ano, trasladouse ao museo a sección de náutica do Museo Provincial de Lugo. No 2004, por iniciativa e solicitude de Ramón Rivas o pleno do Concello de Cervo cedeu por 30 anos o edificio á Deputación de Lugo a cambio de que esta se encargue da súa xestión. O museo integrouse na Rede Museística Provincial de Lugo dende a creación efectiva desta no ano 2006, seguindo na súa dirección Encarna Lago. No ano 2009 levouse a cabo un novo proxecto[3].

Estrutura[editar | editar a fonte]

En 2018 consta de catro seccións:

  1. “A escola: un museo de todxs, para todxs. O latexo do museo: motor de barco e arquivo fotográfico”. Repasa o uso para o que inicialmente foi concibido o edificio. Asemade, dispón dun motor a vapor e fotografías de arquivo, aportadas por veciños.
  2. “A carpintería de Ribeira, o caso de San Cibrao”, “Tipoloxía de barcos a vela construídos en San Cibrao” e “A arte de marear: mirando ao norte”. Repasa a vida dos estaleiros de S. Cibrao (activos dende o s XV) con maquetas de diferentes tipos de barcos, relevantes na historia local, o “Paca Gómez”, o “Industrial” ou a goleta “Sargadelos”. Tamén, un banco de carpinteiro de ribeira, instrumentos de navegación e pezas do patrimonio subacuático dos naufraxios da fragata “Magdalena” e do bergantín “Palomo”.
  3. “Os oficios do mar”, “Historia da pesca en San Cibrao: artes e aparellos de pesca” e “Vida mariña: algo máis que peixes”. Oficios do mar, aparellos e fauna mariña.
  4. “Os cazadores de baleas”. Sobre a historia da caza da balea en dous períodos: do s XVI ao XVIII e durante o s XX.

Outros[editar | editar a fonte]

A entrada é gratuíta.

Notas[editar | editar a fonte]