Marco Bellocchio
Marco Bellocchio | |
---|---|
Marco Bellocchio | |
Nacemento | 9 de novembro de 1939 |
Lugar | Bobbio (Italia) |
Nacionalidade | Italia |
Relixión | ateísmo |
Educado en | Centro Sperimentale di Cinematografia |
Fillos | Pier Giorgio Bellocchio |
Profesión | Director de cine |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marco Bellocchio, nado o 9 de novembro de 1939 en Bobbio, é un director de cinema italiano.
Biografía[editar | editar a fonte]
Xa de rapaz, na escola salesiana onde estudaba mostrou interese polo mundo do cinema. En 1959 desprazouse ata Londres para estudar cinematografía. Ós 26 anos dirixe en Bobbio o seu primeiro filme, I pugni in tasca (1965), no cal se nota o seu anticonformismo, o que tamén sucede nos dous seguintes La Cina è vicina (1967) e Il popolo calabrese ha rialzato la testa (Paola) (1969). Nese mesmo ano participou cun episodio no filme Amor e rabia (1969) xunto con Pasolini, Bertolucci, Lizzani e Godard.
En 1971 foi un dos sinatarios do manifesto de intelectuais contra o comisario Luigi Calabresi ó que acusaban da morte do anarquista Giuseppe Pinelli.
No filme Nel nome del padre (1972) con Laura Betti evocou a súa infancia en clave grotesca e nese ano tamén dirixiu a Gian Maria Volonté en Sbatti il mostro in prima pagina (1972). En Pianeta Venere (1974, dirixido por Elda Tattoli), Bellocchio actuou como actor. A súa seguinte película é unha dura acusación contra os manicomios, Nessuno o tutti - Matti da slegare (1975) e realizou unha versión da novela de Anton Chekhov Il gabbiano (1977).
En 1978 coñece o psiquiatra Massimo Fagioli, co que mantivo unha longa e frutífera relación: Fagioli participou activamente na realización de catro filmes de Bellocchio (Il diavolo in corpo, La visione del Sabba, La condanna e Il sogno della farfalla).
Logo de Armonica a bocca (1979) e Vacanze in Val Trebbia (1980) dirixiu a Marcello Mastroianni en Enrico IV (1984), baseado nunha comedia de Luigi Pirandello, e de seguido Il diavolo in corpo (1986) baseada nun libro de Raymond Radiguet e ó ano seguinte roda La visione del Sabba (1987).
Na súa produción dos anos noventa son de salientar La condanna (1990) e La balia (1999).
En 2002 dirixiu a Sergio Castellitto en L'ora di religione, coa que recibe o Nastro d'Argento ó mellor director, ó ano seguinte evocou o secuestro de Aldo Moro en Buongiorno, notte.
En 2006 foi candidato para a Cámara dos Deputados na lista da Rosa nel Pugno constituída por radicais e socialistas, abandonando o seu histórico apoio ós comunistas.
Ese mesmo ano realizou o filme Il regista di matrimoni (2006), novamente con Castellitto.
En Bobbio dirixe o Laboratorio Farecinema e o Festival cinematográfico Bobbio film festival.
En 2008 dirixiu Vincere, un filme que dá conta da atormentada vida de Ida Dalser, amante de Benito Mussolini e nai do seu fillo Benito Albino.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- 1961:
- 1962: Ginepro fatto uomo, mediametraxe
- 2000: L'affresco
Longametraxes[editar | editar a fonte]
Filme para TV[editar | editar a fonte]
Filmes para o cinema[editar | editar a fonte]
- I pugni in tasca (1965)
- La Cina è vicina (1967)
- Discutiamo, discutiamo (episodio de Amor e rabia, 1969)
- Nel nome del padre (1971)
- Sbatti il mostro in prima pagina (1972), con Gian Maria Volontè
- Matti da slegare (1974)
- Marcha triunfal (1976)
- Salto nel vuoto (1978)
- Vacanze in Val Trebbia (1979)
- Gli occhi, la bocca (1982)
- Enrico IV (1984), con Marcello Mastroianni
- Il diavolo in corpo (1986)
- La visione del Sabba (1988)
- La condanna (1991)
- Il sogno della farfalla (1994)
- Il principe di Homburg (1996), con Gabriele Lavia, Fabrizio Bentivoglio
- La religione della storia (1998)
- La balia (1999)
- L'ora di religione (2002), con Sergio Castellitto
- Buongiorno, notte (2003)
- Il regista di matrimoni (2006), con Sergio Castellitto
- Sorelle (2006)
- Vincere (2008)
Documentais[editar | editar a fonte]
- 1969:
- Il popolo calabrese ha rialzato la testa (Paola), documental producido pola Unión dos Comunistas Italianos (marxistas-leninistas).
- Viva il 1° maggio rosso proletario, documental producido pola Unión dos Comunistas Italianos (marxistas-leninistas)
- 1974: Nessuno o tutti - Matti da slegare (documental cordirixido con Silvano Agosti, Sandro Petraglia e Stefano Rulli)
- 1979: La macchina cinema (documental de TV codirixido con Silvano Agosti, Sandro Petraglia e Stefano Rulli)
- 1995: Sogni infranti
- 2002: …addio del passato… (documental de TV sobre a música de Giuseppe Verdi)