Robert Aldrich
Robert Aldrich | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Robert Burgess Aldrich |
Nacemento | 9 de agosto de 1918 |
Lugar | Cranston, Rhode Island |
Falecemento | 5 de decembro de 1983 (65 anos) |
Lugar | Os Ánxeles |
Causa | insuficiencia renal |
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park |
Nacionalidade | ![]() |
Educado en | Moses Brown School e Universidade da Virgínia |
Cónxuxe(s) | Harriet Foster (1941–1965) Sibylle Siegfried (1966–1983) |
Fillos | William Aldrich |
Profesión | Director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Burgess Aldrich, nado en Cranston (Rhode Island) o 9 de agosto de 1918 e finado nos Ánxeles o 5 de decembro de 1983 foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Neto do senador Nelson W. Aldrich e primo de Nelson Aldrich Rockefeller estudou economía na Universidade de Virxinia. En 1941 abandonou os seus estudos por un traballo de cincuenta dólares á semana na RKO Radio Pictures. Tamén abandonou a súa familia e a súa potencial herdanza.
Deseguido conseguiu traballo como axudante de director, traballando con Jean Renoir, Abraham Polonsky, Joseph Losey e Charles Chaplin. Na década de 1950 comezou a dirixir na televisión. Tras conseguir rapidamente o recoñecemento como autor, na década seguinte dirixiu varios éxitos comerciais como ¿Que lle sucedeu a Baby Jane?, con Bette Davis e Joan Crawford, ou Doce do patíbulo (1967). O éxito deste filme permitiulle establecerse como produtor, pero algúns fracasos fixeron que tivese que volver aos filmes comerciais de Hollywood. Finou en 1983, vítima dun fallo renal.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Big Leaguer (1953)
- Apache (1954)
- Veracruz (1954)
- Bico mortal (1955)
- O gran coitelo (1955)
- Follas de outono (1956)
- Attack (1956)
- Ten Seconds to Hell (1959)
- The Angry Hills (1959)
- O último solpor (1961)
- Sodom and Gomorrah (1962)
- ¿Que lle sucedeu a Baby Jane? (1962)
- Catro tipos de Texas (1963)
- Hush… Hush, Sweet Charlotte (1964)
- O voo do Fénix (1965)
- Doce do patíbulo (1967)
- A lenda de Lylah Clare (1968)
- O asasinato da irmá George (1968)
- What Ever Happened to Aunt Alice? (1969)
- Too Late the Hero (1970)
- The Grissom Gang (1971)
- Ulzana's Raid (1972)
- O emperador do norde (1973)
- The Longest Yard (1974)
- Hustle (1975)
- Twilight's Last Gleaming (1977)
- The Choirboys (1977)
- The Frisco Kid (1979)
- ...All the Marbles (1981)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arnold, Edwin T. (1986). University of Tennessee Press, ed. The Films and Career of Robert Aldrich. ISBN 9780870495045.
- Silver, Alain (1995). Hal Leonard Corporation, ed. What Ever Happened to Robert Aldrich?: His Life and His Films. ISBN 9780879101855.
- Williams, Tony (2004). Scarecrow Press, ed. Body and Soul: The Cinematic Vision of Robert Aldrich. ISBN 9780810849938.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Robert Aldrich na IMDb (en inglés).
- Virtual History