Louis Althusser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Althusser»)
Infotaula de personaLouis Althusser

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Louis Pierre Althusser Editar o valor em Wikidata
16 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Bir Mourad Raïs, Alxeria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1990 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
La Verrière, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCimetière de Viroflay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure
Lycée du Parc (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía política, epistemoloxía, metafísica e Filosofía da ciencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , político , editor literario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcole Normale Supérieure (1948–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés (1948–) Editar o valor em Wikidata
MovementoMarxismo, Estruturalismo e Marxismo Estrutural (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJean Guitton (pt) Traducir e Jean Hyppolite (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosMichel Foucault, Bernard-Henri Lévy e Marta Harnecker Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeHélène Rytmann (–1980) Editar o valor em Wikidata
IrmánsGeorgette Althusser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 822065 iTunes: 436753162 Musicbrainz: d6fe99d2-6fc4-464b-91dd-84c9e498eab8 WikiTree: Althusser-1 Editar o valor em Wikidata

Louis Althusser, nado en Birmandreis (Alxeria) o 19 de outubro de 1918 e finado o 22 de outubro de 1990, foi un filósofo marxista da liña estruturalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai, mudouse coa familia a Marsella. En 1937 uniuse ao movemento das xuventudes católicas. Como estudante destacado foi aceptado na prestixiosa École Normale Supérieure en París.

Recrutado na segunda guerra mundial, acabou nun campo de prisioneiros. Pasada a guerra afiliouse ao Partido Comunista Francés e acadou a condición de profesor na mencionada École. Cando Nikita Khrushchev se afastou do stalinismo, Garaudy e outros líderes comunistas entenderon que había que reformular o marxismo. Moitos tentaron recuperar as raíces humanistas de Marx. Althusser fixo unha dura crítica a esa deriva do Partido. A súa posición no Maio do 68 foi ambigua e máis ben distante.

Aqueixado de desequilibrios psiquiátricos, matou a súa muller o que supuxo o seu internamento no Hospital Sainte-Anne. Seguiu escribindo, aínda que as súas publicacións foron poucas a partir de entón. Un ataque ao corazón acabou coa súa vida.

Pensamento[editar | editar a fonte]

Tras a superación do stalinismo no XX congreso do PCUS, Althusser amósase contrario a edulcorar o marxismo apelando ao primeiro Marx, o denominado xove Marx dos Manuscritos económico-filosóficos. Para Althusser, Marx é un creador de Ciencia igual que Galileo, o descubridor dun novo continente teórico: a historia. O materialismo histórico estuda a estrutura dos procesos de produción explica o cambio duns modelos a outros e constitúe unha auténtica filosofía da ciencia que vai alén da mera crítica a un sistema, neste caso o capitalismo.

Característica do sistema capitalista é a súa opacidade, onde os suxeitos non son conscientes dos mecanismos que subxacen ao sistema, mecanismo que por mor da ideoloxía se reviste cunha aparencia de inevitabilidade. Por iso é necesario un traballo teórico que desenmascare o proceso. Así grazas á teoría podemos coñecer, mediante o concepto de plusvalía, o empresario queda con parte da riqueza do traballador.

Althusser propón un marxismo puro, científico, sen antropoloxía, e polo tanto sen concesión para os humanismos de diverso signo que quixeron enriquecer o contido ideolóxico da esquerda revolucionaria. A historia non ten suxeito e está animada polas forzas produtivas e a loita de clases que desencadean.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Lire le Capital, 1965
  • Pour Marx, 1965