Gaston Bachelard
Gaston Bachelard | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de xuño de 1884 |
Lugar de nacemento | Bar-sur-Aube |
Falecemento | 16 de outubro de 1962 |
Lugar de falecemento | 9.º arrondissement de Paris |
Soterrado | Bar-sur-Aube |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Faculty of Arts of Paris |
Ocupación | filósofo, poeta, escritor, profesor universitario, employee of a public institution, matemático, físico e teórico literario |
Fillos | Suzanne Bachelard |
Coñecido por | La Formation de l'esprit scientifique, The Psychoanalysis of Fire, L'Eau et les Rêves e L'expérience de l'espace dans la physique contemporaine |
Premios | Croix de guerre 1914–1918, comendador da Lexión de Honor e Grand prix national des Lettres |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gaston Bachelard, nado en Bar-sur-Aube o 27 de xuño de 1884 e finado en París o 16 de outubro de 1962, foi un filósofo da ciencia e da poesía francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bachelard traballou en correos en París antes de estudar física e interesarse pola filosofía. Entre 1930 e 1940 foi profesor en Dijon.
Os estudos de Bachelard na historia e filosofía da ciencia como Le nouvel esprit scientifique e La formation de l'esprit scientifique baseáronse na súa visión da epistemoloxía histórica como unha clase de psicanálise da mente científica. Opúxose ao positivismo e ao neokantismo cun racionalismo no senso cartesiano, a ciencia constrúese contra a evidencia, contra as ilusión do coñecemento inmediato, é nese senso que fala dunha filosofía do non.