Marta Harnecker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Harnecker
Marta Harnecker año 2011.jpg
Nacemento1937
 Santiago de Chile
Falecemento15 de xuño de 2019
 Vancouver
Causacancro
NacionalidadeChile
Ocupaciónxornalista, escritora, socióloga, filósofa e psicóloga
CónxuxeManuel Piñeiro Losada e Michael A. Lebowitz
editar datos en Wikidata ]

Marta Harnecker, nada en Chile en 1937 e finada en Vancouver o 15 de xuño de 2019, foi unha pensadora[1] marxista chilena.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi unha pensadora marxista da corrente de Louis Althusser de quen foi discípula.[1]

Participou no Goberno de Unidade Popular de Salvador Allende e asesorou a Hugo Chávez.[1]

Foi convidada da Semana Galega de Filosofía.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Conceptos elementais do materialismo histórico, 1969.[1]
  • Vangarda e crise actual.
  • Estratexia e Táctica.
  • A esquerda no umbral do século XXI.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Durante os seus anos de estudante foi parella de Rodrigo Ambrosio, un dos fundadores do MAPU.[2] Casou con Manuel Piñeiro, xefe dos órganos de seguridade de Cuba. Tiveron unha filla, Camila Piñeiro. Posteriormente casou co economista marxista Michael Lebowitz, residindo en Canadá. Harnecker dividiu o seu tempo entre este país, La Habana, onde vive a súa filla e Caracas, onde oficialmente seguía habitando e onde recibiu o Premio Libertador al Pensamiento Crítico, o 15 de agosto de 2014.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Morre a pensadora marxista chilena Marta Harnecker". Sermos Galiza. 16 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-17. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Duarte Correa (16 de xuño de 2019). "Deixounos Marta Harnecker, unha educadora marxista". Sermos Galiza. Consultado o 2019-06-17. 
  3. Así se realizó la entrega del Premio Libertador al Pensamiento Crítico para Marta Harnecker; Alba ciudad 96.3 FM, 15 de agosto de 2014.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.