Alison Bechdel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alison Bechdel
Alison Bechdel at the Boston Book Festival.jpg
Nacemento10 de setembro de 1960
 Lock Haven
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterOberlin College
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada, escritora e novelista
IrmánsJohn Bechdel
Coñecido/a porFun Home e Are You My Mother?
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, MacArthur Fellows Program, Lambda Literary Award, Judy Grahn Award, Stonewall Book Award e Bill Whitehead Award
editar datos en Wikidata ]

Alison Bechdel, nada en Lock Haven o 10 de setembro de 1960, é unha autora de banda deseñada estadounidense.

O seu primeiro traballo a chamar a atención da crítica foi a serie de banda deseñada Dykes to Watch Out For (producida ao longo de 25 anos, entre 1983 e 2008),[1] disruptiva por tratar nos anos 1980 os relacionamentos lésbicos. Mais foi en 2006 que Bechdel obtivo máis recoñecemento, coa publicación de Fun Home: Unha Familia Traxicómica, unha obra autobiográfica en banda deseñada, apuntado pola revista Time como o mellor libro do ano (única HQ a recibir esa distinción) e finalista do National Book Critics Circle Award. En 2007, o libro recibiu o Eisner Award, considerado o oscar da banda deseñada. Fun Home aínda gañou unha adaptación musical en Brodway, feita pola dramaturga Lisa Kron e pola compositora Jeanine Tesori, que recibiu cinco premios Tony Awards, inclusive o de Mellor Musical de 2015.[2]

Seis anos despois de Fun Home, en 2012, lanzou unha nova novela gráfica Are you my mother?. A Comic Drama tamén de teor autobiográfico, que trata da súa relación coa nai.

Bechdel tamén é a creadora do Test de Bechdel, que avalía prexuízos e estereotipos femininos en producións cinematográficas.

En 2014, foi agraciada cunha bolsa polo MacArthur "Genius" Award.[3]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Alison J. Bechdel naceu en Lock Haven, Pensilvania, filla de Helen Augusta (1933-2013)[4] e Bruce Allen Bechdel (1936-1980).[5] O seu pai era un veterano de guerra que daba clases nunha escola de Ensino Medio e, simultaneamente, administraba a casa funeraria da familia. A nai era actriz e profesora. Alison frecuentou o Simon's Rock College e, despois, o Oberlin College, graduándose en 1981.

Carreira[editar | editar a fonte]

Bechdel mudouse para Manhattan e tentou ingresar en escolas de arte, mais non foi aceptada e traballou en distintas empresas ligadas á edición. A súa primeira tira foi publicada en xuño de 1983, no xornal feminista Womannews. As tiras daquela época, máis tarde, orixinaron a serie Dykes to Watch Out For, onde as personaxes discutiron por primeira vez os criterios do Test de Bechdel. Tamén traballou facendo ilustracións para revistas e sitios web antes de se dedicar á banda deseñada a tempo completo, en 1990, e se mudar para Vermont, nos Estados Unidos, onde vive até hoxe.[6]

Fun Home (2006)[editar | editar a fonte]

Day8 reading (223437248).jpg

En 2006, Bechdel publicou Fun Home, unha biografía "traxicómica", na que narra súa infancia e anos que antecederon e sucederon o suicidio de seu pai. A obra recibiu máis atención da crítica que os seus traballos anteriores, con recensións en medios importantes como Entertainment Weekly,[7] The Guardian[8] e The New York Times.[9] Alén diso, o título estivo por dúas semanas na lista de best-sellers de non-ficción do New York Times.

En Fun Home Alison recorre a distintas referencias da literatura universal, como o mito de Ícaro e Dédalo, para rememorar a conturbada relación que a autora mantiña co seu pai, Bruce Bechdel. Profesor de literatura, Bruce era bisexual e dedicaba os seus días máis á reforma e aos reparos do caserón vitoriano onde vivía que aos fillos. A nai, á súa vez, esforzábase para manter as aparencias e, nese contexto, administrar as relacións familiares a fin de atender a convencións sociais. Na narrativa, Alison revela o amadurecemento da súa propia sexualidade nunha obra que, pola complexidade e innovación, xúntase a outros clásicos da banda deseñada, como Maus, de Art Spiegelman.

Are you my mother? A Comic Drama (2012)[editar | editar a fonte]

Despois de escrutinar súa relación co pai, Alison ten como foco as relacións coa nai en Are you my mother? A Comic Drama. No libro, Bechdel organiza a historia en sete capítulos, que dialogan coa teoría psicanalítica por medio da referencia a unha serie de textos de Freud (e tamén da escritora Virginia Woolf, da poeta Alice Miller e do psicólogo Donald Winnicott), da análise de soños e da representación de escenas de sesións coas súas distintas terapeutas. Chamada de "unha especie de Woody Allen lésbica" polo The Guardian,[10][11] Bechdel non teme expor as dificultades que a nai tiña para aceptar a súa orientación sexual ben como a relación pouco afectiva que mantiña cos fillos.

En 2013, a obra recibiu o Judy Grahn Award para non-ficción lésbica e foi finalista do Lambda Literary Award na categoría memoria ou biografía lésbica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "dykestowatchoutfor.com » About". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  2. Paulson, Michael (2015-06-08). Patrick. "Tony Awards: ‘Fun Home’ Wins Best Musical and ‘Curious Incident of the Dog in the Night-Time’ Best Play". The New York Times. ISSN 0362-4331. 
  3. McDonald, Soraya Nadia (2014-09-17). "Alison Bechdel just won a MacArthur Foundation ‘genius’ grant. She’s already changed the way we talk about film.". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. 
  4. "Helen Bechdel - 2013-05-14". Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  5. "Bruce Allen Bechdel (1936 - 1980) - Find A Grave Memorial". Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  6. "Fun Home is only a small part of Alison Bechdel's genius". Consultado o 31 de outubro de 2015. 
  7. "Fun Home". Entertainment Weekly's EW.com. Consultado o 2015-10-31. 
  8. Sutcliffe, Jess. "Fun Home, by Alison Bechdel: tragic scenes from a comic family". the Guardian. Consultado o 2015-10-31. 
  9. Wilsey, Review By Sean (2006-06-18). "The Things They Buried". The New York Times. ISSN 0362-4331. 
  10. Miller, Laura. "Are You My Mother? by Alison Bechdel – review". the Guardian. Consultado o 2015-10-31. 
  11. "Lembranças tragicômicas - Cultura - Estadão". Estadão. Consultado o 2015-10-31.