Alfredo García Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de febreiro de 1877 Cumeiro, España |
Morte | 21 de agosto de 1934 (57 anos) Caldas de Reis, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Agrario Español 30 de novembro de 1933 – 21 de agosto de 1934 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xornalista, xurista, avogado, político, escritor, autor |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | José García Ramos |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
Alfredo García Ramos, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) o 7 de febreiro de 1877 e finado en Caldas de Reis o 21 de agosto de 1934, foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899. Colaborou en El Eco de Santiago, Gaceta de Galicia, El Noroeste, La Voz de Galicia, El Látigo, Luz y Sombra, Galicia en Madrid e Galicia da Habana; foi redactor de Diario de La Coruña, do que cheou a ser director. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario da Audiencia da Coruña, Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 presentouse ás eleccións ás Cortes da República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Gran amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso.
Obras
[editar | editar a fonte]- Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas de Galicia, 1909.
- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, 1912.
- El regionalismo gallego en su aspecto confesional, monárquico y unitario, 1918.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Alfredo García Ramos (1919).
-
Leonardo Rodríguez e Alfredo García Ramos en Chantada, 1920.
-
Retrato en Vida Gallega, 1933.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo García Ramos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "García Ramos, Alfredo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 148.
- "García Ramos, Alfredo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Cardesín Díaz, José María (1993). "Entre el regionalismo jurídico y el catolicismo social: el Derecho Consuetudinario en Alfredo García Ramos (1908-1910)". Galícia e a Historiografía. Santiago de Compostela: Tórculo. pp. 211–242. ISBN 84-86728-95-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 144.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 591. ISBN 84-7492-465-0.
- Lago García, Xosé (1991). O pensamento de Alfredo García Ramos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0188-8.
- Vilanova, Alberto (2005). "García Ramos, Alfredo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Personalidades da política de Galicia
- Deputados nas Cortes da II República
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Xornalistas de Vila de Cruces
- Nados en Vila de Cruces
- Nados en 1877
- Finados en 1934
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Membros correspondentes da Real Academia Galega