Saltar ao contido

Afonso V o Nobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfonso V O Noble»)
Modelo:BiografíaAfonso V o Nobre

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Alfonso V el Noble Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 994 Editar o valor en Wikidata
Reino de León Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1028 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Viseu, Portugal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Reis de Santo Isidoro de León Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León
999 – 1028 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de León Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElvira Méndez
Urraca Garcés Editar o valor en Wikidata
FillosXemena de León e de Galiza
 () Urraca Garcés
Vermudo III
 () Elvira Méndez
Sancha I de Galicia
 () Elvira Méndez Editar o valor en Wikidata
PaisVermudo II Editar o valor en Wikidata  e Elvira García Editar o valor en Wikidata
IrmánsCristina Vermúdez
Ordoño Vermúdez Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX826018 WikiTree: León-131

Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis[1], Rex Gallitianus[2] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León, nado no 994 ou 995 e finado en Viseu en 1028[3], foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.

Biografía

[editar | editar a fonte]
Afonso V e a súa muller Elvira no Corpus Pelagianum.

Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo Gundisalviz. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).

Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Mendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.

Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.

Faleceu no asedio da praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Xemena (nacida de Dona Urraca).

  1. Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 64. 
  2. Chavanon, Jules (ed.). Chronique Adémar de Chabannes (1897 ed.). p. 195. 
  3. Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Afonso V e Elvira Mendes.
Un tempo novo para o Reino da Galiza.

(Nós Diario, 05.10.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]