Afonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alfonso»)

Afonso é un nome propio galego-portugués de home, que provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente como apelido a forma castelanizada cá propia.[1] Alfonso tamén está admitida como variante; como nome persoal, espallouse en Galicia a raíz da chegada a España da dinastía dos Borbóns, no século XIX, coa adaptación da forma francesa Alphonse. Durante a Idade Media foi un dos nomes galegos máis comúns; como peculiaridade con respecto aos outros nomes, non admite sufixo patronímico -ez, co que o patronímico (actualmente apelido) é idéntico ao nome propio.

No ano 2010, 34 persoas levaban o nome como Afonso[2] mentres a variante Alfonso, coincidente co castelán, levábana 7172 residentes.

Outras linguas[editar | editar a fonte]

  • Afonso: portugués.
  • Alfonso: castelán, italiano.
  • Alfons: catalán.
  • Alonso: castelán.
  • Alphonse: francés.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Relixión[editar | editar a fonte]

Aristocracia (Reis)[editar | editar a fonte]

Personalidades[editar | editar a fonte]

Respéctase o nome de procedencia de orixe (Castelán, galego, inglés, francés etc...)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boullón Agrelo, A. I. / F. R. Tato Plaza (1999): Alonso e Montero: estudio antroponímico, en R. Álvarez / Dolores Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Univ. de Santiago de Compostela. Santiago, vol. I, 265-293. [1].
  2. "IGE". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]